Xosé Luís Axeitos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Luís Axeitos
Nacemento1 de xaneiro de 1945
Lugar de nacementoAsadelos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Salamanca
Ocupaciónescritor e catedrático
PremiosPremio Antón Losada Diéguez
Na rede
AELG: 267 Dialnet: 188107
editar datos en Wikidata ]

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asadelos (Asados, Rianxo) o 1 de xaneiro de 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca onde foi alumno do profesor José Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. Foi catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade na que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989. Tamén é profesor-titor da UNED na súa sede da Coruña.

No campo da literatura dedica especial atención a Dieste, Luís Seoane e Manuel Antonio, aos que estudou e editou. Tense preocupado tamén polo mundo da edición en Galicia. Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 2004[1], sendo Arquiveiro-Bibliotecario dela desde o 17 de decembro de 2005 ata o 18 de decembro de 2009.

Foi conferenciante, participou como relator en congresos sobre o exilio e sobre distintos escritores galegos. Organizou os congresos de Luís Seoane e Rafael Dieste. Colaborou en exposicións relacionadas co libro galego na Arxentina e coas biografías de Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Forma parte do consello editorial da Biblioteca del Exilio e do consello de redacción das revistas Citania, Cuadrante, Unión Libre. Ten publicado artigos en Boletín Galego de Literatura, Ínsula, Verba, A Trabe de Ouro, Grial, Zurgai e Serta.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio e edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Lorenzo Varela. Poesía Completa, 2000, Ediciós do Castro.
  • Lorenzo Varela. Ensayos, conferencias y otros escritos, 2001, Ediciós do Castro.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2009.
  • Premio Antón Losada Diéguez de investigación 2018 por Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Axeitos Agrelo, X. L. (2004). A Academia no discurso exílico de Luís Seoane. Real Academia Galega. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Antonio Gil Merino
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
2005-2009
Sucesor:
Euloxio R. Ruibal
Predecesor:
Manuel González González
 Secretario da RAG 
2010-2013
Sucesor:
Henrique Monteagudo