Saltar ao contido

Xosué (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosué
 Instancia de
 Nome orixinal
Xosué Editar o valor en Wikidata
 Lingua
 Alfabeto
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 199960
Wikidata
Xosué e os israelitas, por Karolingischer Buchmaler, c.840.

Xosué,[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é hebrea, Ye'oxua (יְהוֹשֻׁעַ), de onde tamén procede o nome de Xesús, que quere dicir 'Deus é a salvación'.

En xaneiro de 2023 existían 6 varóns en Galicia co nome Xosué, cunha media de idade de 39,6 anos.[3]

O nome provén de Xosué, un xefe israelita que sucedeu a Moisés. A súa historia é narrada na Biblia, en concreto no Libro do Éxodo,[4] no Libro dos Números,[5] e máis no Libro de Xosué,[6] segundo os cales foi escollido por Iavé para suceder a Moisés como líder dos israelitas durante a conquista de Canaán.[7] Conquistou a maior parte do territorio da Terra Prometida e distribuíuno entre as Doce tribos de Israel.[8]

Noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  1. Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Xosué". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>. 
  2. Ferro Ruibal, (dir.); Boullón, Ferro, García, Lema e Tato (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. pp. 108–109. ISBN 84-7680-096-7. Alberte / Alberta   Variante: Albertos ("y no Alberto", di Sarmiento) […] 
  3. Nome Xosué na web do Instituto Galego de Estatística.
  4. Biblia, Libro do Éxodo 17:9–14
  5. Biblia, Libro dos Números 13:8
  6. "Capítulo 17. Libro de Xosué". abiblia.gal; Biblia. Consultado o 2025-09-06. 
  7. The New Oxford Annotated Bible with Apocrypha, New Revised Standard Version (en inglés). 2018-04-01. 
  8. Philip Wilkinson, Religiões (Religions, 2008), Río de Xaneiro: Zahar, 2011, p. 297.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]