Xosefa Xovellanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosefa Xovellanos

Retrato de Xosefa de Xovellanos, de autor descoñecido.
Nome orixinalXosefa de Xovellanos y Xove Ramírez
Biografía
Nacemento(es) Josefa de Jovellanos y Jove Ramírez Editar o valor em Wikidata
4 de xuño de 1745
Asturias Xixón
Morte7 de xuño de 1807 (62 anos)
Asturias Xixón
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEscritora
Xénero artísticoPoesía
MovementoIlustración Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e The Australian Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDomingo González de Argandona
IrmánsGaspar Melchor de Jovellanos Editar o valor em Wikidata

Xosefa de Xovellanos y Xove Ramírez, nada en Xixón o 4 de xuño de 1745 e finada na mesma cidade o 7 de xuño de 1807, foi unha poeta en lingua asturiana. Era seguidora do movemento da Ilustración, e usou os pseudónimos de L'Argandona, La Reclusa e La Esbelta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla de Francisco Gregorio de Xovellanos (1706-1779) e Francisca Apolinaria de Jove-Ramírez de Miranda, descendente do marqués de San Esteban e dos marqueses de Valdecarzana. Tivo oito irmáns máis vellos, entre eles Gaspar Melchor de Jovellanos.[1] Sendo nova convenceu á súa familia para casar con Domingo González de Argandona, procurador xeral na Corte do Principado de Asturias. A parella foi vivir a Madrid, e o seu home converteuse nun importante contacto para Gaspar de Jovellanos.

Xosefa de Xovellanos tivo tres nenas: Vicenta e María Isabel, que morreron de pequenas, e Gertrudis, que morreu en 1774, pouco despois de que o fixese o seu pai. En dous anos a súa vida mudou por completo: en 1772 vivía na rúa Atocha de Madrid, e era anfitrioa da intelectualidade da corte. Era unha esposa felizmente casada e embarazada da súa segunda filla, Isabel. Porén, en 1774 morreu o seu home, ficando viúva con 28 anos, e morreu tamén a súa irmá Xuana Xacinta. Xosefa de Xovellanos levou as cinzas do seu home a Asturias, e en 1779, sufriu a morte das súas outras dúas fillas e a da súa nai. Esta concatenación de desgrazas fixeron dela unha muller pía, preocupada polas miserias sociais do seu redor. Dedicouse a facer obras de caridade e instruír desamparados, co que adquiriu un importante papel como educadora. O 6 de xullo de 1793, con 48 anos, ingresou no mosteiro das Nais Recollidas Agostiñas Descalzas de Xixón, co nome de sor Xosefa de San Xoán Bautista. Alí creou unha escola para nenas desfavorecidas, co nome de Enseñanza Caritativa de Nuestra Señora de los Dolores.

Obra[editar | editar a fonte]

Xosefa de Xovellanos é coñecida principalmente pola súa poesía, escrita en boa medida en lingua asturiana. Xosé Caveda y Nava (1796-1882) publicou unha escolma dos seus poemas co título de Colección de poesías en dialecto asturiano, antoloxía reeditada e aumentada en 1887 por Fermín Canella. Esta publicación incluía, entre outros poemas, os textos Descripción de les funciones con que la villa de Xixón celebró'l nomamientu del Excmo. Sr. D. Gaspar de Xovellanos pal ministeriu de Gracia y Xusticia, Descripción de les funciones con que la ciudá d'Uviéu celebró la coronación de Carlos IV e A les fiestes que se prepararon n'Uviéu pa la coronación de Carlos IV.

Legado[editar | editar a fonte]

Na súa honra creouse en 1980 o Premio Xosefa Xovellanos de novela.

Nota[editar | editar a fonte]

  1. María José Álvarez Faedo (2008).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]