Xosé Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé de Arxeriz»)
Infotaula de personaXosé Soto
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Arxeriz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé Soto Rodríguez, coñecido como Xosé de Arxeriz e anteriormente como Pepiño da Gaita,[1] nado en Arxeriz (Fión, O Saviñao) o 9 de xullo de 1938, é un empresario, político e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mozo de familia acomodada, estudou fóra de Galicia, en Madrid e Alemaña[2], e posteriormente instalouse en Madrid. Alí colaborou co grupo Brais Pinto, militou na UPG e participou nas clases de cultura galega do Club de Amigos da Unesco, onde aprendeu a tocar a gaita.

Como gaiteiro, ingresou na compañía de baile galego de Rei de Viana, e con ela realizou diversas viaxes polo mundo. Nalgunha desas viaxes actuou como representante da UPG en entrevistas con destacados líderes do exilio republicano[2], como Claudio Sánchez Albornoz e Luis Jiménez de Asúa. Posteriormente foi secretario persoal de Enrique Tierno Galván, e acompañouno no seu ingreso no PSOE. Nesta formación ocupou distintos cargos de responsabilidade internacional.[2]

En 1985 comproulle ao seu tío José Rodríguez López a granxa de Arxeriz e negociou a instalación dunha escola-obradoiro que funcionou de 1993 a 1996. En 1996 creou a Fundación Xosé Soto de Fión á que lle doou en 1999 o conxunto de Arxeriz.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cara unha poética ecoloxista: Noriega (1999). Fundación Xosé Soto de Fión. 139 páxs. ISBN 84-605-9713-X.
  • Luzadas de vagalumes (2000). Fundación Xosé Soto de Fión. 181 páxs. ISBN 84-931685-0-5.
  • Luzadas de vagalumes II (2001). Fundación Xosé Soto de Fión. 145 páxs. ISBN 84-931685-1-3.
  • Luzadas de vagalumes III (2004). Fundación Xosé Soto de Fión. 171 páxs. ISBN 84-931685-2-1.
  • Xerfas de mallante (2005). Fundación Xosé Soto de Fión. 197 páxs. ISBN 84-931685-3-X.
  • Luzadas de vagalumes IV (2007). Fundación Xosé Soto de Fión. 199 páxs. ISBN 84-931685-2-1.
  • Luzadas de vagalumes V (2009). Fundación Xosé Soto de Fión. 233 páxs. ISBN 84-931685-5-6.
  • Sombras, ecos, olgas (2014). Fundación Xosé Soto de Fión. Memorias. 962 páxs. ISBN 978-84-617-5629-2.
  • Luzadas de vagalumes V/ (2017). Fundación Xosé Soto de Fión. 292 páxs. ISBN 978-84-09-02881-8.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: s". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Eiré, Afonso (2019-01-08). "Cando a UPG se entrevistou cos líderes da República no exilio". A Nosa Terra. Consultado o 2019-01-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]