José Rodríguez Carracido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Rodríguez Carracido»)
José Rodríguez Carracido
Nacemento21 de maio de 1856
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento3 de xaneiro de 1928
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónquímico e político
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll e Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso XII
Na rede
Galiciana: 12206
editar datos en Wikidata ]

José Rodríguez Carracido, nado en Santiago de Compostela o 21 de maio de 1856 e finado en Madrid o 3 de xaneiro de 1928, foi un bioquímico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pioneiro da bioquímica en España, Carracido foi unha persoa interesada por tódalas facetas do coñecemento. Foi catedrático de química orgánica e logo de química biolóxica. Antiatomista en principio, logo houbo de asumir a constitución atómica. Acadou unha grande cultura (tivo asemade a faceta de periodista e literato) e popularidade como científico. Foi elixido senador pola Universidade de Granada en 1910, e de 1914 a 1922. En 1923 foi nomeado senador vitalicio.

Homenaxe a Carracido, en 1914.

Entre 1922 e 1928 foi presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.

Obras (libros e artigos)[editar | editar a fonte]

Placa nunha rúa de Madrid.
  • 1887, La Nueva Química.
  • 1894, La Evolución en la Química.

Artigos[editar | editar a fonte]

  • 1900, El Manganeso en los abonos (artigo).
  • 1904, La fermentación alcohólica de la glicerina.
  • 1905, Acción de la quinina y la pilocarpina sobre las oxidasas.
  • 1906, Examen de una supuesta incompatibilidad de los calomelanos.
  • 1917, Síntesis bioquímica
  • 1922, El trabajo del riñón y las glucosurias

Conferencias e discursos[editar | editar a fonte]

  • 1903, La complejidad farmacológica en la prescripción médica (conferencia).
  • 1906, Farmacodinamia de las modificaciones de la oxidación orgánica (discurso).
  • 1908, La alimentación nitrogenada (conferencia).
  • 1910, Perfeccionamiento de la alimentación albuminoidea (comunicación no Congreso de Hixiene e Alimentación).
  • 1911, Proceso químico de la formación del glóbulo rojo (conferencia).
  • 1915, Metabolismo de la célula autónoma y de la célula asociada (conferencia).
  • 1915, Estado actual de los problemas y métodos de la clínica biológica (conferencia).
  • 1920, Filogenia de la molécula albuminodea (conferencia).
  • 1921, Estudio farmacológico de la Salicaria (comunicación).
  • 1921, El reactivo bioquímico («Mi Testamento profesional») (discurso de entrada na Real Academina de Medicina).
  • 1923, Anoxihemias por intoxicación (conferencia).
  • 1924, La ureogénesis (conferencia).
  • 1926, El fósforo en la vida (conferencia).
  • 1926, La formación de la materia viva (conferencia).

Traballos[editar | editar a fonte]

  • 1908, Análisis Físico-Químico y Biológico de las Aguas de Carslbad (traballo encargado; antes fixera o correspondente en Mondariz).
  • 1903, Tratado de química biológica[1]

Moitos dos seus traballos foron ademais publicados noutras linguas. Á parte, prologou diversas obras científicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Rodríguez Carracido, José (1856-1928) Tratado de Química biológica". bne.es (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2023.