Saltar ao contido

Xosé Rodríguez Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Rodríguez Carballo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1953 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Sarreaus Editar o valor en Wikidata
Roman Catholic Archbishop of Mérida-Badajoz (en) Traducir
29 de xuño de 2024 –
← Celso Morga Iruzubieta (pt) Traducir
Arcebispo coadxutor
14 de setembro de 2023 – 29 de xuño de 2024
Arcebispo católico
18 de maio de 2013 –
Secretario Congregatio pro Institutis Vitae Consecratae et Societatibus Vitae Apostolicae
6 de abril de 2013 – 31 de outubro de 2023
← Joseph William Tobin (pt) Traducir – Simona Brambilla →
Arcebispo titular
6 de abril de 2013 – 14 de setembro de 2023
← Julien Ries – Giovanni Cesare Pagazzi →
119º Ministro Xeral da Orde dos Frades Menores
2003 – 2013
← Giacomo Bini – Michael Perry (pt) Traducir →
Gran Chanceler da Pontificia Universidade Antoniana
2003 – 2013 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificio Instituto Bíblico
Studium Biblicum Franciscanum Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2013–), presbítero regular (1977–), sacerdote católico (1977–), profesor universitario, arcebispo Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónTarcisio Bertone Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 179419 BUSC: 981013403843907712

Xosé Rodríguez Carballo, nado en Lodoselo (Sarreaus) o 11 de agosto de 1953[1], é un frade católico, pertencente á orde franciscana e bispo. O 18 de maio de 2013 foi ordenado bispo na Catedral de Santiago de Compostela polo Secretario de Estado do Vaticano, Tarsicio Bertone, e nomeado arcebispo titular de Belcastro[2]. A comezos de 2023 foi escollido arcebispo de Mérida - Badallouce.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de estudar nos seminarios de Zamora e de Santiago de Compostela, licenciouse en teoloxía bíblica en Xerusalén e en Santas Escrituras en Roma. Ordenouse como franciscano en 1971 e profesou solemnemente a orde en 1976. Ao ano seguinte foi ordenado crego polo papa Paulo VI en Roma.[3] Participou na tradución da Biblia ao galego traballando no Libro das Crónicas [4]. En 2003 foi elixido ministro xeral da orde (o seu cargo máis elevado), co que se converteu no 119º frade en facelo (dentro da orde dos frades menores, non na conventual).

Continuou no cargo ata que en 2013 o papa Francisco o nomeou arcebispo de Belcastro, unha pequena aldea da Calabria, cargo simbólico que acompaña a dignidade arcebispal. Ao mesmo tempo o papa designouno secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, que vén sendo o equivalente a un ministro do goberno vaticano coa responsabilidade sobre a organización interna das ordes relixiosas e dos grupos de leigos[5].

A comezos de 2023, o papa Francisco designouno arcebispo de Mérida - Badaxoz, en substitución de Celso Morga. Tomou posesión do seu cargo o 25 de novembro de 2023[6].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]