Xosé Ramón Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xosé Ramón Pena Sánchez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Ramón Pena
Xosé Ramón Pena profesor.jpg
Nacemento27 de setembro de 1956
 Betanzos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa e ensaio
EstudosFiloloxía Hispánica e galego portuguesa
editar datos en Wikidata ]

Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a infancia e mocidade na Coruña. Licenciado[1] en filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é doutor en Filoloxía. Foi membro do colectivo Alén. Profesor na Universidade de Vigo e mais na de California (Santa Barbara), traballou como catedrático de lingua e literatura galega no IES Santa Irene de Vigo[2] ata a súa xubilación. Tamén impartiu aulas na UNED.

O seu labor ocupou os espazos da investigación na historia da literatura galega, na narrativa e no xornalismo. Dentro do primeiro deles, especializouse nos campos da literatura medieval e das vangardas galegas[3], estudando e editando a obra de Ramón Cabanillas, Amado Carballo ou Manuel Antonio. É autor de títulos como Manuel Antonio e a vangarda, Xograres do mar de Vigo, Historia da literatura medieval galego-portuguesa, Historia da Literatura Galega (da que se levan publicado 4 volumes) ou -con Manuel Forcadela- Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal. Así mesmo levou a cabo o estudo e edición de Na noite estrelecida, Da Terra asoballada, A esmorga e No desterro. Con Xosé María Dobarro realizou a edición da Poesía galega completa (2009) de Ramón Cabanillas.

Gañou o Premio Xerais (1987), o Premio Losada Diéguez (1988), o Premio Fervenzas Literarias (2015) e o Premio da Crítica Galicia (Investigación, 2015). Colaborou en xornais e revistas, e mantivo unha columna semanal no xornal Faro de Vigo no cal dirixiu, ademais, o suplemento cultural semanal "Faro da Cultura". Foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xosé Ramón Pena". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-17. 
  2. "Xosé Ramón Pena". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-17. 
  3. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-03-17. 
  4. "Para después del adiós". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09. 
  5. "Fado de princesa". Editorial Galaxia. Consultado o 17-3-2019. 
  6. "«A batalla do paraíso triste», crítica en «Protexta». Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  7. Nicolás, Ramón (16-12-2012). "Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena". Caderno da crítica. Consultado o 17-3-2019. 
  8. "Como en Algeria". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09. 
  9. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  10. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  11. "Ficha de libro. Editorial Xerais". xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  12. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  13. "Martín Codax e os xograres do mar de Vigo". casadellibro (en castelán). 9-11-2017. Consultado o 17-3-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]