José Noguerol y Camba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Noguerol Camba»)
Infotaula de personaJosé Noguerol y Camba
Biografía
Nacementoséculo XVII
Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Ignacio Noguerol y Camba, nado no século XVII, foi un poeta dos Séculos Escuros. É principalmente coñecido pola súa participacións nos xogos florais da Coruña no ano 1707 e a única obra súa da que se ten constancia é o romance Versos gallegos a Nuestras Señora de Reza.[1]

El Clarín de la fama y cithara de Apolo con métricos rasgos a las reales fiestas que en el felicissimo nacimiento de... 1708.

Nas Festas Minervais[editar | editar a fonte]

O día 25 de agosto do ano 1707, con motivo do nacemento do príncipe Lois Xacobe, leváronse a cabo unhas xustas literarias en Ourense, nas que Noguerol y Camba saíu vitorioso, publicando no ano 1708 o seu romance "Versos gallegos a Nuestra Señora de Reza, por avernos dado un Príncipe en nuestra Reyna y Señora María Gabriela, por un Autor no conocido, ni dado a luz, por mano de D. Joseph Noguerol, su mismíssimo hermano". O obxectivo deste poema era loar a raíña María Luísa de Savoia por dar a luz a un fillo varón que, nun futuro, se convertería no rei Lois I de España. A autoría deste poema con características propias da influencia barroca foi confirmada por Xosé María Álvarez Blázquez.

El idioma gallego, su antigüedad y vida, tomo I, de Antonio de la Iglesia, 1886.

Segundo Benito Varela Jácome, este romance aparece plasmado no cancioneiro poético de Baltasar Rubio, que recibe o nome de El Clarín de la fama y cithara de Apolo con métricos rasgos a las reales fiestas que en el felicissimo nacimiento… [2] (1708, Santiago de Compostela), no que se relata este evento, ademais de facer mención dos poetas que participaron nas Festas Minervais. Nesta alusión inclúese o poeta xa mencionado arriba xunto con outras personalidades como Antonio de Ulloa Pardo, Tomás de Losada ou Diego Sarmiento Sotomayor.

Análise do romance[editar | editar a fonte]

Temas tratados

Este romance xira en torno a dous temas principais: por un lado, a loanza á Virxe de Reza por axudar a raíña a que esta quedase encinta —recibindo o título co que se honrou a Señora na capital auriense, o de Patroa— e, por outro lado, fai unha crítica aos escribáns alegando que este poema lle pertence a el. Polo tanto, acúsaos de ladróns e preguiceiros por non realizaren ben o seu traballo dado que, ás veces, apuntan mal o que escoitan e iso fai que o poeta perda prestixio. Desta maneira, poderíase dicir que este poema presenta trazos de cantiga de escarnio.

Análise formal

Este poema trátase dun romance que, tal e como o seu nome indica, consiste nunha construción poética de arte menor composta principalmente por 10 versos octosílabos por estrofa, aínda que neste caso hai 12 na segunda. A súa rima é asonante nos versos pares e libre nos impares, e o seu esquema varía do tradicional, que sería –a-a-a-a-a-a-a-a-a-a-a.

No referente aos recursos estilísticos, cabe mencionar o posible dobre, propio da literatura medieval, entre os versos décimo segundo, décimo terceiro e os décimo noveno e vixésimo, dada a repetición do adverbio se e a conxunción que. Tamén chama a atención o paralelismo nos versos oitavo, noveno e décimo polo uso da preposición por e diferentes adxectivos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]