Xosé Mosquera Casero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Mosquera Casero
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
San Cristovo de Cea, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Mosquera Casero, nado o 6 de decembro de 1956 en San Cristovo de Cea, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en dereito en 1979 e foi profesor axudante de dereito constitucional nas universidades de Navarra e Santader (1980-1983), funcionario da Deputación de Ourense desde 1985 foi Secretario Xeral Técnico da Conselleria de Pesca (1987- 1989), exerce como profesor asociado de dereito consitucional na Universidade de Vigo desde 1991 e mais é xefe do servizo de intervención da Deputación de Ourense desde 1995.

Actividade política[editar | editar a fonte]

En 1979 entrou a militar no Partido Galeguista e foi candidato desa formación nas eleccións autómicas de 1981. Tras a integración do seu partido en Coalición Galega en 1983, pasou a militar nesta formación ata a creación en 1987 do Partido Nacionalista Galego. Nas eleccións municipais dese ano encabezou a lista do PNG en San Cristovo de Cea, nas que foi elixido concelleiro. En 1991 entrou canda o seu partido no Bloque Nacionalista Galego. En setembro de 2011 resultou elixido secretario xeral do PNG-PG e en 2012, tras abandonar o seu partido o BNG e integrarse en Compromiso por Galicia, entrou na executiva desa formación. En 2014 impúxose nas primarias da súa formación na cidade de Ourense[1] pero tras a formación da plataforma cidadá Ourense en Común, CxG foi o primeiro partido en oficializar o seu apoio [2] renunciando a presentar unha lista propia. Xosé Mosquera tamén gañou as primarias de Ourense en Común á alcaldía[3] pero tras o malestar de parte da organización, que replicaba que houbera tráfico de votos, a asemblea xeral de Ourense en Común decidiu anular o proceso.[4] Mosquera e o resto de militantes de CxG que colaboraban en Ourense en Común cualificaron esta decisión como un quebranto democrático e abandonaron a marea,[5] reactivando a candidatura de CxG ao concello de Ourense con Mosquera como cabeza de lista. En novembro de 2018 abandonou tanto os cargos que desempeñaba como a militancia en Compromiso por Galicia.[6] En 2020 asumiu a presidencia Partido Galego.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]