Xosé Miguel Pérez Blecua
Xosé Miguel Pérez Blecua | |
---|---|
Nacemento | 1985 |
Lugar de nacemento | San Xoán de Río |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo |
Ocupación | enxeñeiro e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Miguel Pérez Blecua, nado en San Xoán de Río en 1985, é un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Militou en AMI. Foi fundador e presidente da Asociación Cultural RíoMola, e da Asociación Xuvenil Río. Foi elixido concelleiro de San Xoán de Río polo BNG nas eleccións municipais de 2007 e foi concelleiro de Cultura, Deporte e Benestar Social.[1] Despois pasou a militar en Anova-Irmandade Nacionalista. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura da Agrupación de Electores de San Xoán de Río (RIO) e foi elixido alcalde con maioría absoluta.[2] O 25 de agosto de 2020 afiliouse ao PPdeG pero manténdose como alcalde da Agrupación de Electores RIO [3]
Predecesor: Luís Castro Álvarez |
![]() Alcalde de San Xoán de Río 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo
|