José María Rivero de Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé María Rivero de Aguilar Otero»)
Infotaula de personaJosé María Rivero de Aguilar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xullo de 1972 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Ribasar, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Rivero de Aguilar Editar o valor em Wikidata
IrmánsRamón Rivero de Aguilar Editar o valor em Wikidata

José María Rivero de Aguilar Otero, nado en Santiago de Compostela cara a 1899 e finado en Ribasar (Rois) o 19 de xullo de 1972, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Rivero de Aguilar Gutiérrez de la Peña. Militar formado en África dende 1921. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encargado polos golpistas para ordenar o tráfico ferroviario e poñelo a disposición das necesidades bélicas na xefatura do Servicio Nacional de Ferrocarriles. Tenente Coronel de Enxeñeiros, en 1944 foi nomeado Director Xeral de Renfe. En agosto de 1951 foi nomeado subsecretario do Ministerio de Obras Públicas, permanecendo no posto até abril de 1955.

Por herdanza familiar foi propietario do pazo do Faramello, onde faleceu aos 73 anos.[1] Foi soterrado na capela de Alva da Catedral de Santiago de Compostela.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Santiago de Compostela con María de Lourdes Portela Rivas en 1927,[2] e foi pai de Lourdes, José María e Bernardo Rivero de Aguilar Portela.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeado fillo adoptivo de Vilagarcía de Arousa, Padrón, Monforte de Lemos e Ribeira e predilecto en Santiago de Compostela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 20-7-1972, p. 12.
  2. El Compostelano, 9-12-1927, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]