Xosé María Cao Luaces
Xosé María Cao Luaces | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de decembro de 1862 |
Lugar de nacemento | Cervo |
Falecemento | 27 de xaneiro de 1918 |
Lugar de falecemento | Lanús |
Nacionalidade | Arxentina e España |
Ocupación | xornalista e caricaturista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé María Cao Luaces, nado en Cervo o 13 de decembro de 1862 e finado en Lanus o 27 de xaneiro de 1918, foi un caricaturista e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun funcionario de Facenda, residiu de novo en varios lugares, até que o seu pai conseguiu un emprego na fábrica de Sargadelos. Despois marchou a Xixón, onde traballou como pintor decorador na fábrica de louza La Asturiana e foi alumno de José María López Rodríguez. Emigrou a Buenos Aires en 1886. Ao ano seguinte foi contratado por Eduardo Sojo, director da revista Don Quijote. Traballou en Caras y Caretas.
Fundou o Orfeón Gallego en 1890. En 1892 creou e dirixiu o periódico El Eco de Galicia, desde o que impulsou a refundación do Centro Galego de Buenos Aires, pechado un ano antes. En 1894 fundou a revista El Cid Campeador, que se fusionou con La Bomba en 1895. Ilustrou almanaques da época, como El Criollo en 1893.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé María Cao Luaces |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xosé María Cao Luaces no Álbum da Emigración do Consello da Cultura Galega.
- Xosé María Cao: “Pai da caricatura arxentina” arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015.
- José María Cao Luaces: “The Best Galician Cartoonist of all Time” ( Inglés)