Xosé Manuel Vélez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Manuel Vélez Latorre»)
Infotaula de personaXosé Manuel Vélez
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 510202

Xosé Manuel Vélez Latorre, nado en Ourense en 1963, é un poeta e latinista galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía clásica na Universidade de Salamanca e Filoloxía xermánica na de Würtzburg (Alemaña). Actualmente exerce como profesor de latín no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. Tamén é crítico literario na prensa galega.

Obra[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa obra poética con Ritos de auga (1993), co que gañou o II Premio de poesía Martín Codax. Este poemario continúa a liña de Gonzalo Navaza en Fábrica íntima, de continuas referencias ao mundo greco-latino e de forte presenza da metaliteratura, referencias continuas e citas explícitas.

En Contra saudade (1996) (Premio Miguel González Garcés), o seu segundo poemario, fai unha reflexión sobre a saudade.

En xeral, a súa poesía caracterízase polo cultismo, a narratividade, o distanciamento entre autor e voz poética, os xogos irónicos e o simbolismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]