Saltar ao contido

Xosé Manuel Buxán Bran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Manuel Buxán Bran

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Eibar Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Director de teseKosme M. de Barañano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista, profesor universitario, crítico de arte, activista LGBT Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoGena Baamonde Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1292420 BUSC: buxan-bran-xose Dialnet: 544542

Xosé Manuel Buxán Bran, nado en Éibar (Guipúscoa) en 1964, é un artista, crítico de arte, activista LGBT[1] e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, dependente da Universidade de Vigo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no País Vasco, no seo dunha familia de emigrantes galegos. Estudou Belas Artes en Bilbao, na Universidade do País Vasco, e doutorouse coa tese Homoerotismo en la iconografía de San Sebastián Mártir: Una visión desde el presente, dirixida por Kosme de Barañano y Letamendía.

Ademais de emblema da beleza masculina, das conexións coa xuventude, a masculinidade, o sadomasoquismo, a figura de San Sebastián utilízase como metáfora da sida e da morte, que é a interpretación engadida na actualidade. Non é unha imaxe de fe, senón unha imaxe de cultura, de pracer e de hedonismo que non ten nada que ver coa da igrexa católica.[2]

Trasladouse a Vigo en 1993 e é profesor universitario no campus da UVigo en Pontevedra dende ese ano, se ben foi en 1998 cando obtivo a titularidade[3].

Foi comisario en exposicións como Malas Artes’03: Prototipos, Verbalidades, Prêt-à-porter, Maquinacións, Arquitrabes e Bizarr@s (Vigo, 2003), Radicais libres: Experiencias gays e lésbicas na arte peninsular (Santiago de Compostela, 2005) ou tamén para a Sala Alterarte, no Campus de Ourense.

É colaborador habitual na prensa, por exemplo no Faro de Vigo. Até a súa desaparición escribía para A Nosa Terra.

En 2017 expuso a súa colección particular de fotografía atopada no CGAC[4].

Obra escrita

[editar | editar a fonte]
Algunhas imaxes da exposición intitulada "Bañistas. Fotografías atopadas 1880-1963", amosada no CGAC de Compostela en 2017.

Ten multitude de publicacións relacionadas co mundo da arte contemporánea, especialmente no ámbito da creación plástica. Entre elas destacan algúns capítulos ou volumes:

  • (Con)ciencia de un singular deseo: Estudios Lesbianos y Gays en el estado español. Barcelona: Laertes, 1997.
  • Identidades feridas: da arte na doenza. Vigo: Fundación Laxeiro, 2001. (Catálogo)
  • Homo, tod@ la historia, Salvat, 2000. (conxuntamente con Juan Vicente Aliaga)
  • “Algunos términos para un abecedario homoerótico de la iconografía contemporánea de san Sebastián Mártir” (capítulo). En ALIAGA, J.V., HADERBACHE, A., MONLEÓN, Ana (2001) Miradas sobre la sexualidad en el arte y la literatura del siglo XX en Francia y España. Servei de Publicacións de la Universitat de Valencia.
  • “Lo que los ojos ven que no lo verbalicen las palabras: La homosexualidad y la crítica artística en los dibujos y pinturas de Roberto González Fernández” (capítulo). En BENGOECHEA, Mercedes e MORALES, Marisol (Editoras) (2001) Transformaciones de las sexualidades y el género. Servizo de Publicacións da Universidade de Alcalá de Henares.
  • “Órbitas impropias” (capítulo). En Dolores Gálvez (2001). Catálogo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
  • “Noves aportacions al corpus artístic contemporani. Les imatges de l’assagística lèsbica i gai” (capítulo). En GUASCH ANDREU, Oscar (coord.) (2002) Sociología de la sexualitat. Una aproximació a la diversitat sexual. Barcelona: Pòrtic.
  • “Páxinas para un proxecto de diccionario de cultura galega gai” (capítulo). En AA.VV. (2002) A homosexualidade a debate. Vigo: Xerais.
  • “De arquitecturas e praceres surreais” (capítulo). En Mª Xosé Ares (2002): Deshabitando. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
  • “Carne oscura de nardo marchito: las mujeres del Lorca pintor” (capítulo). En GUASCH, Òscar e VIÑUALES, Olga (eds.) (2003) Sexualidades: Diversidad y control social. Barcelona: Edicions Bellaterra.
  1. Entrevista publicada no Faro de Vigo o 10 de xullo de 2010. (en castelán)
  2. B. R. Sotelino (13 de abril de 2008). "«Quizais hai mais 'sansebastianistas' do que se poida pensar»". La Voz de Galicia..
  3. Ficha do docente Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine. na Universidade de Vigo.
  4. BAÑISTAS. FOTOGRAFÍAS ATOPADAS, 1880-1963 Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., na páxina web do CGAC.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]