Xosé Manuel Martínez Oca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé M. Martínez Oca»)
Infotaula de personaXosé Manuel Martínez Oca

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticonovela e tradución
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

AELG: 253 Dialnet: 3652252

Xosé Manuel Martínez Oca, nado na Estrada o 1 de xuño de 1942, é un escritor galego.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado de banca. Entre 1953 e 1963 residiu en Ourense, de alí pasou á Coruña onde se asentou, con períodos en Ferrol, Cee, Madrid e Bilbao. Fixo o servizo militar en 1964 en Sidi Ifni, onde publicou os seus primeiros traballos nunha revista local. O seu primeiro traballo en galego foi publicado en 1976.[3]

Participou no Concurso de Narracións Modesto R. Figueiredo e foi premiado cinco veces. Publicou o seu primeiro relato en galego en 1976, Un home no corral.

Nunha autopoética para o Boletín Galego de Literatura, en 1994, o autor dicía que entende a creación literaria como unha diversión, un modo de desfrutar co exercicio da escrita e contrarrestar, a vacuidade da vida cotiá, enganándose a si mesmo para poderse crer un pequeno deus, creador de mundos e personaxes movidos ao seu antollo.[4]

Colaborou en revistas como DornaMan Común, Follas SecasLuzes de Galiza, Boletín Galego de Literatura ou Madrygal, e tamén en xornais como El Ideal Gallego, La Región, La Voz de GaliciaDiario 16 de Galicia, Faro de Vigo ou A Nosa Terra.[3]

En 2022 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) distinguiuno como autor "na súa terra" por decisión unánime da súa asemblea de socias e socios. A homenaxe tivo lugar na Estrada o 18 de xuño.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Catro narracións (1977). Ediciós do Castro.
  • A fundición e outras narracións (1978). Ediciós do Castro.
  • Traballos premiados no 3º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1978). Ediciós do Castro.
  • A negra (1979). Ediciós do Castro.
  • Os lóstregos e a carballeira, en Premios Casa de Galicia-Las Palmas (1981). Xerais. Con María Díaz Vidal, Aida Marqueta e Manuel Almeida Suárez.
  • A Gran Novela e outras narracións (1982). Ediciós do Castro.
  • Medusa - Relatos (1984). Sotelo Blanco.
  • Monólogos (1987). Sotelo Blanco.
  • Caderno de viaxe (1989). Vigo: Xerais.
  • O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990). Galaxia.
  • Sede Central - 2 (1990). Clube Cultural Adiante.
  • Os contos da campaña (1992). Xunta de Galicia.
  • Berra liberdade (1996). Galaxia.
  • Unha liña no ceo (1996). Xerais.
  • Novo do trinque (1997). BNG.
  • Dáme a túa man. Personalidade e obra poética de Xosé Manuel Mosquera Carbón (1999). Asociación Cultural da Estrada.
  • Clásicos e modernos (2000) Universidade da Coruña.
  • Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Contos de colonias escolares, belas adormecidas, atentados e tiburóns (2006). Xunta de Galicia.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xosé Manuel Martínez Oca Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-03-13. 
  2. "Autores - Martínez Oca, Xose Manuel". baiaedicions.gal. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2022. Consultado o 2022-03-13. 
  3. 3,0 3,1 "Biografía Xosé Manuel Martínez Oca". aestrada.gal. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2022. Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  4. "Xosé Manuel Martínez Oca". www.aelg.gal. Consultado o 2022-03-13. 
  5. Escuredo, A. (2022-06-18). "Xosé Manuel Martínez Oca: "Un simple encontro pola rúa con alguén pode darme pé a escribir algo"". Nós Diario. Consultado o 2022-06-18. 
  6. Reedeitada en 1990, na Colección Xabarín de Xerais, 248 páxs. ISBN 9788475075198.
  7. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  8. Despois incluída na Biblioteca Galega 120.
  9. Martínez Oca lendo un fragmento de O tempo en ningunha parte.
  10. Nicolás, Ramón (2022-03-08). "Tres en raia, de Xosé Manuel Martínez Oca". Caderno da crítica. Consultado o 2022-03-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]