Xosé Luís Rei Muñiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Para o artigo do escritor coruñés, véxase Luís Rei Núñez

Xosé Luís Rei Muñiz
Homenaxe a Luis Rei Núñez 01-07m.jpg
Luis Rei agradecendo o premio Ramón Cabanillas que recibiu o 17 de maio de 2015.
Nacemento1960
 O Grove
Falecemento9 de agosto de 2015
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbibliotecario e escritor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Luís Rei Muñiz, coñecido como Luís Rei, nado no Grove en 1960 e finado en Pontevedra o 9 de agosto de 2015[1], foi un bibliotecario e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de EXB, bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados. Foi concelleiro do BNG no Grove. Investigou sobre vida e obra de Ramón Cabanillas, foi promotor da conmemoración do Ano Cabanillas en 2009 e comisario da exposición Ramón Cabanillas. A roseira dos recordos, aberta co gallo da celebración. Foi presidente da Asociación Ecoloxista do Grove, presidiu o Colectivo Ecoloxista do Salnés, foi fundador da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial en 1993, membro destacado do Comité Organizador da VII Edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, en Cambados en 2005 e dirixiu a revista Ardentía. Recibiu o Premio Ramón Cabanillas en 2015.

A Biblioteca municipal de Cambados, situada na Casa dos Fraga, foi bautizada co nome de Luís Rei en 2015.

Obras[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

  • "Cabanillas en Cambados, a forxa dun poeta" (2000)
  • "Ramón Cabanillas: a disidencia republicana" (2006)

Libros[editar | editar a fonte]

  • Ramón Cabanillas, xornalista cambadés (2001), con Xabier Camba.
  • Camiño longo. Antre as roseiras de Cabanillas (2004).
  • Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades (2009).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]