Xosé Luís Allué Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Lois Allué Andrade»)
Infotaula de personaXosé Luís Allué Andrade
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2020 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría de montes e literatura galega Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , profesor universitario , científico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Luís Fernando Allué-Andrade y Ferreira,[1] ás veces mencionado como Xosé Luís Allué[2], nado en Monforte de Lemos o 9 de setembro de 1931 e finado en Madrid o 2 de xaneiro de 2020, foi un científico, profesor e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Ciencias Físicas e Enxeñería Técnica Forestal. Foi investigador científico no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, especialista en Fitoclimatoloxía e profesor de Silvicultura na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Foi secretario xeral da Sociedade Española para o estudo dos pastos, secretario da European Grassland Federation, subcoordinador nacional do programa de investigación de pastos e profesor de repoboacións na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal.

Dende a súa mocidade foi asiduo do grupo formado por Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole e Luís Pimentel.

Obra[editar | editar a fonte]

Formulou tres modelos de análise fitoclimática e un método de diagnose, avaliación e prescrición ecoculturais, ademais do estudo monográfico dunhas oitenta especies pascícolas. Os seus estudos biolóxicos, ecolóxicos e climatolóxicos están recollidos en múltiples publicacións, entre as que destacan:

  • Aflorestation in arid zones.
  • Studes of botany, ecology, biology and pascicology of the principal existing especies in the spontaneous pasture grounds of our semiarid regions.
  • Problemas y expectativas de la investigación piscícola, 1982.
  • Atlas Fitoclimático de España, 1990.

En galego publicou artigos e poemas en Grial, participou nos volumes colectivos Paisaxe e cultura (1955), Homenaxe a Otero Pedrayo (1958), O noso sentimento da paisaxe (en colaboración con Cunqueiro, Bonet Correa e Otero Pedrayo), Cinco pezas pra cembalo, Vintasete murais pra Tino, O caso Grandio, Dicionario aproximado, Canciones callejeras y sentimentales, Sonata para un hombre solo e Liturxias pró Nadal.

A correspondencia de Ramón Piñeiro con el foi publicada nun volume pola editorial Galaxia en 2005.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cruz do Mérito Agrícola.
  • Premio de Publicacións INIA.
  • Certificate of Apreciation Foreing Research and Technical Programs dos EE UU.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]