Xosé Anxo Antelo
![]() | |
UCAM Murcia – No. 6 | |
Ala-pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1987 (31 anos)![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2004 |
Historial de equipos | |
Cáceres CB (2004–2005) CAI Zaragoza (2005–2006) Bilbao Basket (2006–2007) CB L'Hospitalet (2007–2008) Tenerife CB (2008–2009) Baloncesto Fuenlabrada (2009–2010) Cáceres Ciudad del Baloncesto (2010) CB Murcia (2012−presente) |
Xosé Anxo Antelo Paredes, nado en Noia o 7 de maio de 1987, é un xogador de básquet. A súa posición no campo é a de ala-pivote, e mide 203 centímetros. Dentro o ano 2012 xoga no CB Murcia da Liga ACB.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado na canteira do C.B. Noia, aos dez anos marchou para as categorías inferiores do Real Madrid, que era o club propietario do seu contrato. Na campaña 2004-05 xogou cedido no Cáceres CB e na 2005-06 no CAI Zaragoza, xogou posteriormente co Bilbao Basket (ACB): 2006-2007, Club Bàsquet L'Hospitalet (LEB): 2007-2008, Tenerife Club de Baloncesto (LEB Ouro): 2008-2009, Baloncesto Fuenlabrada (Liga ACB): 2008-2010, Baloncesto León (LEB Ouro): 2010 e Cáceres 2016 Basket (LEB Ouro): 2010-2011.
Antelo Paredes formou parte da primeira selección nacional de baloncesto de Galicia, que debutou fronte a Xapón, o 28 de xuño de 2006. Tamén integrou a segunda convocatoria desta selección, o 21 de xuño de 2007, contra Cuba.
Títulos[editar | editar a fonte]
- Campión de Europa júnior, 2004, coa selección española. Na final, España-Turquía (89-71), Antelo anotou 22 puntos.
- Cuarto no campionato de Europa júnior, 2005, coa selección española.
- Campión de España cadete, 2002 e 2003, co Real Madrid.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
- Nados en Noia
- Nados en 1987
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto de Galicia
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do Basket Zaragoza 2002
- Xogadores do CB Bilbao Berri
- Xogadores do CB L'Hospitalet
- Xogadores do Tenerife CB
- Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada
- Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto
- Xogadores do CB Murcia