Xosé Moreiras Santiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xosé Antonio Moreiras Santiso")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Moreiras Santiso
Nacemento12 de marzo de 1939
 Vilela
Falecemento8 de abril de 1996
 Castelló de la Plana
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas
Ocupaciónescritor e sacerdote
editar datos en Wikidata ]

Xosé Antonio Moreiras Santiso, nado en Vilela (Rodeiro) o 12 de marzo de 1939 e finado en Castelló de la Plana o 8 de abril de 1996, foi un frade e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Marcial Moreiras Dieguez de Vilela e de Julia Santiso. Cursou estudos eclesiásticos no Colexio dos xesuítas de Camposancos, o Seminario de Lugo, e fixo Teoloxía na Universidade Pontificia Comillas, con estancias na parroquia católica de Hovestadt (Alemaña), e estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago. Ordenouse sacerdote en 1963 e foi destinado a Galegos (Navia de Suarna) e Lodoso (Monterroso).

Foi elixido concelleiro en Monterroso nas primeiras eleccións democráticas e nomeado primeiro tenente alcalde e concelleiro de cultura. En 1981 secularizouse e trasladouse a Castelló de la Plana, e tivo dous fillos.

Foi un dos fundadores de Alvarellos Editora e un dos conselleiros da revista Encrucillada. Colaborou en diversos medios de comunicación, e foi correspondente de A Nosa Terra.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Os mil e un refráns galegos da muller, 1973, Alvarellos.
  • Cantigueiro da fistora tia Manoela, 1977.
  • Os mil e un refráns galegos do home, 1977, Alvarellos.
  • Liturxia galega, 1980.
  • Crónicas, 1981.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • II Certame literario de relato curto "Pepe Moreiras", Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"