Xosé Antonio García Cotarelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Antonio García Cotarelo
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Vilameá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5561337

Xosé Antonio García Cotarelo, nado en Vilameá (A Pontenova) en 1941, é un avogado, funcionario e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito en Madrid, onde aprobou as oposicións ao Corpo Técnico de Administración Civil do Estado en 1967. Foi subdirector xeral nos ministerios da Gobernación, Interior, Obras Públicas e Urbanismo, Traballo, Sanidade e Seguridade Social e Xustiza. Estivo destinado en servizos especiais na Xunta de Galicia (1982-1990) e foi Secretario Xeral Técnico e de Relacións Institucionais da Consellería da Presidencia (1986)[1] e Secretario Xeral da Vicepresidencia. Traballou despois na Inspección Xeral de Servizos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, onde se xubilou en 2007. Publicou poemas en Dorna e algúns artigos en El Correo Gallego sobre a obra de Cunqueiro e a literatura fantástica.

Obras[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]