Antón Mascato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Antón Mascato García»)
Infotaula de personaAntón Mascato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
O Grove, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , editor , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Antón Mascato García, nado no Grove o 17 de outubro de 1957, é un escritor, editor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os seus estudos de filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, desenvolvendo a súa actividade profesional en Promocións Culturais Galegas e Ir Indo. Foi director de Edicións do Cumio despois de Carlos Blanco Yáñez,[1] e directivo do grupo NovaGalicia. Con Isaac Díaz Pardo e Víctor Fernández Freixanes foi codirector do Proxecto Século XXI, de materiais de referencia pedagóxica para a lingua e a cultura galega. En 1982, con Gogue e Pepe Carreiro, fundou a revista de humor Can sen Dono. Foi secretario da Asociación Galega de Editores e vogal da Federación do Gremio de Editores de España. Directivo fundador do Instituto de Estudos Miñoráns. Fundador e Presidente da Asociación pola Memoria Histórica do Grove. Militante do BNG, foi o primeiro concelleiro desta organización no Grove, en 1983, con delegacións de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística, nas corporacións de 1983-1987 e 2007-2011.

Membro da comisión técnica do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Foi colaborador do semanario A Nosa Terra e do Jornal de Letras, Artes e Ideias de Lisboa. É colaborador de Faro de Vigo, Nós Diario e da revista de cultura marítima Nova Ardentía da que forma parte do seu consello de redacción. Tamén é membro da Comisión do Centenario de Conde Corbal e promotor do Seminario de Estudos de Arousa (SEA).

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]