Xogos Náuticos Intercélticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Os Xogos Náuticos Intercélticos son unha competición deportiva internacional que se organiza con carácter anual e onde participan un catálogo pechado de estados, nacións e rexións da Europa atlántica.

Organización[editar | editar a fonte]

Os Xogos Náuticos Intercélticos foron creados en 1995 en Bretaña e neles dispútanse competicións de vela, remo, mergullo, surf e piragüismo.

As entidades xeográficas participantes son: Asturias, Bretaña, Canarias, Cornualles, Escocia, Euscadi, Gales, Galicia, Illa de Man, Irlanda e Portugal.

Os Xogos Náuticos Intercélticos van acompañados de distintas celebracións culturais.

Edicións dos Xogos[editar | editar a fonte]

Ano Cidade Territorio
1995 Crozon Bretaña Bretaña
1996 Tenby Gales Gales
1997 Ferrol Galicia Galicia
1998 Bude Cornualles Cornualles
1999 Largs Escocia Escocia
2000 Xixón Principado de Asturias Asturias
2001 O Porto Portugal Portugal
2002 Ballyshannon Irlanda Irlanda
2003 Morlaix Bretaña Bretaña
2004 Vilagarcía de Arousa Galicia Galicia
2005 Xixón Principado de Asturias Asturias
2006 Falsmouth Cornualles Cornualles
2007 Morlaix Bretaña Bretaña
2008 Getxo País Vasco País Vasco