Xogos Hereos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os xogos hereos (en grego τὰ Ἡραῖα "tà Hēráia") da Grecia antiga eran concursos deportivos organizados en Argos e en Olimpia na honra da deusa Hera e reservado ás mulleres. Poden considerarse o antepasado do deporte feminino de competición e a versión feminina dos xogos olímpicos antigos. Son mencionados por Pausanias[1].

Xogos hereos de Olimpia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

Pausanias relata a tradición de que en Olimpia os xogos hereos foran instituídos por Hipodamía como acción de grazas a Hera pola súa voda con Pélope, aínda que tamén sinala unha orixe histórica destes xogos en torno ao -580 o tirano de Pisa Damofonte causara moitos males aos habitantes de Élide polo que, á súa morte, para tratar de reparar os males causados formouse un grupo de 16 mulleres (unha por cada cidade que había entón en Élide). Estas mulleres estableceron os xogos Hereos e cada cinco anos tecían un peplo para Hera[2].

Características[editar | editar a fonte]

Os xogos estaban organizados polas denominadas «dezaseis mulleres» e consistían en carreiras de raparigas onde había tres categorías de idades. Corríase co pelo solto e as participantes vestían unha túnica que chegaba até un pouco máis arriba do xeonllo e deixaba ao descuberto a zona do ombreiro dereito até o peito. As carreiras tiñan lugar no mesmo estadio de Olimpia onde se desenvolvían os xogos olímpicos. Os premios consistían en coroas de oliveira e parte dunha vaca que fora previamente sacrificada a Hera. Ás veces dedicábanse estatuas ás vencedoras[3][4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pausanias II,24,2
  2. Pausanias V,16,4-6.
  3. Pausanias V,16,2-3.
  4. Fernando García Romero, El deporte femenino en la Antigua Grecia, pp.11-13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]