Xoana de Brabante
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1322 Bruxelas, Bélxica |
Morte | 1 de decembro de 1406 (84 anos) Bruxelas-Capital, Bélxica |
Lugar de sepultura | Monastery of the calced carmelites in Brussels (en) |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Duquesa de Brabante (1355–1406) |
Familia | Reginarid dynasty (en) e House of Brabant (en) |
Cónxuxe | Venceslau I de Luxemburgo (1352 (Gregoriano)–) William II of Hainaut (1335 (Gregoriano)–) |
Pais | Jan III de Brabante e María de Evreux |
Irmáns | Marie of Brabant Margarida de Brabante Jean Brant |
Descrito pola fonte | 1001 Vrouwen uit de Nederlandse geschiedenis (en) , (sec:27) Dictionary of Women Worldwide |
Xoana, duquesa de Brabante, nada o 24 de xuño de 1322 e finada o 1 de novembro de 1406, foi a herdeira do duque Xoán III de Brabante, que falecera en Bruxelas o 5 de decembro de 1355. A súa nai era María de Évreux.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xoana era a máis vella dos fillos dos seus pais. Só ela e outras dúas irmás, Margarida e María, viviron ata idade adulta, e os seus tres irmáns máis novos morreron na infancia.
O primeiro matrimonio de Xoana, en 1334, foi co conde Guillerme IV de Holanda (1307-1345), que máis tarde morreu en batalla e o seu único fillo Guillerme morreu novo, frustrando así o proxecto de unificación dos seus territorios.
O seu segundo matrimonio foi con Venceslau de Luxemburgo. O famoso documento, a fundación do estado de dereito en Brabante chamado Inkomst Blijde ("Entrada triunfal"), foi emitido en xaneiro de 1356, co fin de garantir a Xoana e o seu consorte a entrada pacífica na súa capital, garantir a indivisibilidade do ducado e establecer a herdanza do ducado de Brabante nos seus "herdeiros naturais", que no caso de que Xoana non tivese fillos eran as súas irmás, Margarida e María, que eran máis aceptábeis para os burgueses de Brabante que o goberno pola casa de Luxemburgo. Ademais, ratificáronse todas as concesións ou cartas dos duques anteriores, mellorouse a seguridade xudicial dos brabantinos, concedéronse algunhas liberdades individuais (por exemplo, a inviolabilidade do domicilio) e puxéronselle límites aos duques para declarar a guerra e a administración financeira, cousas nas que participaría a asemblea das tres ordes (nobreza, clero e burgueses).
Os feitos posteriores deixaron o documento como letra morta, coa incursión militar en Brabante do conde de Flandres, Lois II, que casara con Margarida, a irmá de Xoana, que se consideraba a si mesmo duque de Brabante por dereito da súa muller. En agosto de 1356 Xoana e Venceslau pediran ao emperador Carlos IV que apoiase a súa causa coa forza das armas. Carlos reuniuse en Maastricht coas partes interesadas, incluídos os representantes das cidades, e todos acordaron anular certas cláusulas do Inkomst Blijde, para satisfacer a dinastía dos Luxemburgo.
En 1371 Venceslau, sobreestimando as súas capacidades militares, fíxolle a guerra ao duque Guillerme II de Jülich, sendo derrotado de forma humillante en Baesweiler, perdendo parte do seu exército e moitos nobres; foi capturado e sufriu 11 meses de catividade. Esta derrota foi de feito un triunfo para a burguesía brabantina. Venceslau morreu en 1383.
Á morte de Xoana, como ela acordara, o ducado pasou ao seu bisneto Antonio de Borgoña, o segundo fillo da filla (Margarida III de Flandres) da súa irmá Margarida (casada con Lois II de Flandres). Margarida III de Flandres estaba casada con Filipe II de Borgoña e o herdeiro era o fillo máis vello Xoán I de Borgoña (Xoán sen medo) pero o ducado de Brabante foi concedido ao seu segundo fillo vivo, Antonio.
A súa tumba non se erixiu na igrexa do Carme en Bruxelas ata finais da década de 1450, que foi pagada en 1459 polo seu descendente, o duque Filipe o Bo de Borgoña. Aínda que foi destruída no transcurso das guerras revolucionarias francesas, a súa fasquía foi reconstruída a partir de debuxos e descricións de Lorne Campbell, que chegou á conclusión de que a tumba era unha idea de última hora, constituíndo unha peza barata de propaganda para os dereitos dinásticos de Filipe.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Remco Sleiderink: Johanna van Brabant . a: Digitaal Vrouwenlexicon van Nederland .
- L. Campbell, The Tomb of Joanna, Duchess of Brabante en Renaissance Studies 2.2, (2008).