Xoana de Acre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoana de Acre
Joan of Acre.jpg
Nacemento1272
 Acre
Falecemento23 de abril de 1307
 Clare
Causapuerperal disorder
SoterradaClare Priory
Ocupaciónaristócrata
PaiEduardo I de Inglaterra
NaiLeonor de Castela
CónxuxeRalph de Monthermer e Gilbert de Clare, 7th Earl of Gloucester
FillosGilbert de Clare, 8th Earl of Gloucester, Mary de Monthermer, Thomas de Monthermer, 2nd Baron de Monthermer, Margaret de Clare, Elizabeth de Clare e Eleanor de Clare
IrmánsEduardo II de Inglaterra, Eleanor of England, Countess of Bar, Margaret of England, Elizabeth of Rhuddlan, Mary of Woodstock, Tomás de Brotherton, Alfonso, Henry of England e Edmund of Woodstock, 1st Earl of Kent
editar datos en Wikidata ]

Xoana de Acre, nada en abril de 1272 en San Xoán de Acre e finada o 23 de abril de 1307 en Clare, Suffolk, foi unha princesa inglesa, filla do rei de Inglaterra Eduardo I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era a sexta filla de Eduardo I e Leonor de Castela. Naceu en San Xoán de Acre durante a novena cruzada que dirixía seu pai, por iso se lle chamou «Xoana de Acre» (Joan of Acre en inglés). Pasou os primeiros anos da súa vida no condado de Ponthieu coa súa avoa materna, a condesa Xoana de Dammartin. En 1278, Eduardo I chama a súa filla a Inglaterra coa intención de casala con Hartmann, fillo primoxénito do rei dos Romanos Rodolfo I de Habsburgo, proxecto que non chega a realizarse. Finalmente Xoana casa co conde de Hertford e de Gloucester Xilberto de Clare en 1290. Dese matrimonio naceron un fillo e tres fillas. Trala morte de Xilberto o 7 de decembro de 1295, casa en segredo con Raúl de Monthermer, un escudeiro da casa do seu primeiro marido (en contra da vontade do seu pai, que proxectaba casala con Amadeo V de Savoia). Deste segundo matrimonio tivo catro fillos. Morreu o 23 de abril de 1307 en Clare, onde foi soterrada (no priorato dos Agustiños).