Xoán de Mandeville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Xoán de Mandeville foi o autor ficticio dun libro de viaxes supostamente autobiográfico titulado Libro das marabillas do mundo, moi lido na Idade Media. En realidade sábese que é un pseudónimo dun certo Jean de Bourgogne ou Jean à la Barbe, médico de Liexa, autor mesmo de tratados sobre medicina, que vivira en Exipto e que probablemente alí concibira a idea de describir unha viaxe por todo Oriente. Como só coñecía Exipto, tramou o seu texto bebendo en varias fontes e creando un narrador ficticio. O narrador sostiña ser un cabaleiro inglés nado na Abadía de Saint Albans, quen en 1322, durante a festa de San Miguel, emprendera unha viaxe ata Exipto, onde loitou como mercenario do sultán contra os beduínos. Despois internárase cada vez máis ao leste, de Palestina á India e finalmente penetrara na Asia profunda, ata a propia China. Aseguraba que serviu durante quince anos no exército do Gran Khan de Mongolia. Trinta e catro anos despois da súa partida, en 1356, volvera a Europa, onde impulsado e axudado por un médico que coñecera na corte do sultán de Exipto, escribiu en Liexa a difundida compilación do que veu e viviu. Dábase como data da súa morte o ano 1372.

Fontes[editar | editar a fonte]

O Libro das marabillas do mundo parécese pretender parangonar co Libro das marabillas de Marco Polo. O que Xoán de Mendeville conta de Exipto pódese basear na propia experiencia de Jean de Bourgoigne. Mais o resto bebe nas crónicas de homes da Igrexa, principalmente os primeiros misioneiros dominicos e franciscanos, pioneiros en chegar ao interior de Asia.

Listaxe dalgunhas fontes[editar | editar a fonte]

Obra Autor Contido tomado
Itinerarius Guillerme de Boldensele (monxe dominico), escrito en 1336 Descrición de Constantinopla e Palestina
Tractatus de distantiis locorum terræ sanctæ Eugesipo Descrición de Palestina
Descriptio terræ sanctæ Xoán de Würzburg, escrito c. 1165 Descrición de Palestina
Libellus de locis sanctis Teodorico, escrito c. 1172 Descrición de Palestina
De statu Saracenarum Guillerme de Trípoli (monxe dominico), escrito en 1273 Descrición dos musulmáns
Historia orientalis ou Flos Historiarum Terrae Orientis Haitón de Coricos (monxe premonstratense, antigo noble armenio e posterior abade de Poitiers) Descrición dos pobos armenio, persa, turco, etc.
Descriptio orientalium Odorico de Pordenodne (monxe franciscano) Descrición do país dos tátaros e China (case textualmente)
Historia Mongolorum Xoán de Plano Carpini (monxe dominico) Descrición de do país dos tátaros e China

Amais dos libros de viaxes, o autor tamén toma materiais de obras de natureza xeral doutros autores, como Plinio o Vello, Solino, Flavio Xosefo, e o Speculum Historiale of Vincent de Beauvais.

Manuscritos[editar | editar a fonte]

Existen numerosos manuscritos e edicións impresas do Libro das marabillas do mundo de Xoán de Madeville. As impresións máis antigas son: en francés (Lión, 1480); en alemán (Augsburgo, 1481, 1482); en inglés (Westminster, 1499).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Hartig, Otto. "Jean de Mandeville". The Catholic Encyclopedia. Vol. 9. New York: Robert Appleton Company, 1910. 12 Dec. 2015.