Xoán Guillerme de Orange-Nassau
Xoán Guillerme de Orange-Nassau Johann Wilhelm Friso von Nassau-Dietz | |
---|---|
Príncipe de Orange | |
![]() | |
Estatúder de Frisisa e Groninga | |
Predecesor | Guillerme III de Orange-Nassau |
Sucesor | Guillerme IV de Orange-Nassau |
Reinado | Filipe IV de España e Filipe V de España |
Nome completo | Johann Wilhelm Friso von Nassau-Dietz |
Nacemento | 4 de agosto de 1687 Dessau, Estado de Saxonia-Anhalt (Alemaña) |
Falecemento | 14 de xullo de 1711 (23 anos) Naufraxio no mar de Holanda |
Casa real | Casa de Orange-Nassau |
Proxenitores | Henrique Casimiro II de Nassau-Dietz Henriqueta Amalia de Anhalt-Dessau |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Xoán Guillerme de Orange-Nassau (en alemán: Johann Wilhelm Friso von Nassau-Dietz), tamén coñecido como Xoán Guillerme Friso de Nassau-Dietz, nado o 4 de agosto de 1687 na vila de Dessau, no estado alemán de Saxonia-Anhalt, e finado o 14 de xullo de 1711 no mar fronte á vila holandesa de Moerdijk, no Brabante Setentrional, foi príncipe de Nassau-Dietz, estatúder de Frisia e de Groninga e príncipe de Orange.[1][2]
Familia[editar | editar a fonte]
Xoán Guillerme era fillo de Henrique Casimiro II de Nassau-Dietz e de Henriqueta Amalia de Anhalt-Dessau.[3]
En 1709 casou con María Luísa de Hesse-Cassel (1688-1765), filla do landgrave Carlos I de Hesse-Cassel, coa que tivo dous fillos:
- Ana Carlota Amalia de Orange-Nassau (1710-1777).
- Guillerme IV de Orange-Nassau, estatúder dos Países Baixos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Coa morte de Guillerme III de Orange-Nassau, ocorrida en 1702, pechouse a liñaxe directa e lexítima que fora inaugurada por Guillerme I de Orange-Nassau "O Taciturno". Xoán Guillerme, descendente directo do irmán de Guillerme I, Xoán I de Nassau-Dillenbourg, era o de maior idade entre os pretendentes á sucesión. Ademais, a súa avoa paterna, a princesa Albertina Inés de Orange-Nassau, era filla do estatúder de Holanda, Frederico Henrique de Orange-Nassau.
Henrique Frederico de Orange Nassau, pai de Guillerme III, reclamou para si, á morte do seu fillo, a sucesión como estatúder en todas as provincias en que aquel exercera o cargo, aínda que a facción republicana dos Países Baixos rexeitou esa solicitude. As provincias anteriormente gobernadas por Guillerme III de Orange-Nassau (Holanda, Utrecht, Güeldres e Overijssel) permaneceron entón sen estatúder. No entanto, as únicas dúas provincias que non tiñan a Guillerme III como estatúder, Frisia e Groninga, pasaron a depender de Xoán Guillerme Friso en 1708. O seu fillo, Guillerme IV de Orange-Nassau, converteuse máis tarde no estatúder de cada unha das sete provincias.
Nos inicios da súa carreira política, Xoán Guillerme creou a terceira póla de Orange, sostida na actualidade polo rei Guillerme Alexandre.
A unión entre Luísa de Orange-Nassau (filla de Guillerme III) e Frederico Guillerme I de Brandeburgo, empurou a Frederico I de Prusia a reclamar para Prusia a transmisión da cidade baixosaxoa de Lingen e o principado de Orange, situado no val do Ródano, que lle foi cedido máis tarde por este a Francia. No entanto, segundo a vontade de Guillerme III de Orange-Nassau, foi Xoán Guillerme Friso de Nassau-Dietz quen herdou o principado de Orange (1702), iniciando unha nova póla da Casa de Orange-Nassau.
Xoán Guillerme foi xeneral das tropas holandesas durante a guerra de Sucesión Española.
En 1711, cando viaxaba desde a fronte en Flandres cara á Haia en relación coa demanda sobre o principado de Orange, o seu barco afundiuse durante unha forte treboada e Xoán Guillerme Friso resultou morto por afogamento, cando tiña 23 anos. O seu fillo naceu seis semanas despois do seu falecemento.[4][5]
Títulos[editar | editar a fonte]
- Estatúder de Frisia e Groninga.
- Príncipe de Nassau-Dietz
- Príncipe de Orange.
- Marqués de Veere e Vlissingen.
- Conde de Buren, Katzenelnbogen, Leerdam, Spiegelberg e Vianden.
- Vizconde de Antuerpen.
- Barón de Aggeris, Breda, Cranendonck, Cuijk, Dasburg, Eindhoven, Grave, De Lek, IJsselstein, Diest, Grimbergen, Herstal, Warneton, Beilstein, Arlay e Nozeroy.
- Señor de Ameland, Baarn, Bredevoort, Dasburg, Geertruidenberg, Hooge en Lage Zwaluwe, Klundert, Liesveld, Het Loo, Montfort, Naaldwijk, Niervaart, Polanen, Steenbergen, Sint-Maartensdijk, Soest, Ter Eem, Turnhout, Willemstad, Zevenbergen, Bütgenbach, Saint-Vith e Besançon
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "John William Friso". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
- ↑ "Le prince Jean-Guillaume-Friso (1687-1711) Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". En La Maisson Royale (en francés)
- ↑ "Juan Guillermo Friso Orange-Nassau Ascania". En Geneanet (en castelán)
- ↑ "Verdrinking Johan Willem Friso van Nassau-Dietz". En AbsoluteFacts.nl (en neerlandés)
- ↑ "Jean Guillaume Friso de Nassau-Dietz". En Histoire de L'Europe et de la Méditerranée (en francés)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Guillerme de Orange-Nassau ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. [ISBN 978-0-52134-525-5] (en inglés)
- Israel, Jonathan I. The Dutch Republic: Its Rise, Greatness, and Fall 1477-1806, 1998. [ISBN 978-0-19820-734-4] (en inglés)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía da familia Orange-Nassau (en castelán)