Xoán Carlos Rodríguez Ansia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1961 (62 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , sindicalista |
Lingua | Lingua castelá |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Xoán Carlos Ansia, nado no Polvorín (Ourense) o 8 de setembro de 1961, é un xornalista e sindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante do sindicalismo nacionalista dende o ano 1977. Fundador do Sindicato Galego de Traballadores da Administración Pública (SGATP), integrado na Intersindical Nacional Galega. Foi membro do Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia. Como representante da ING asinou o 1º Convenio Único de Persoal Laboral da Xunta de Galicia. Foi Secretario Nacional da Confederación Intersindical Galega Administración Autonómica, dende o ano 1991 ata o 2005. Membro do Consello Confederal do sindicato nacionalista CIG e delegado sindical no Comité de Empresa de Política Social da Coruña, onde ocupou os cargos de secretario e presidente en distintas etapas.
Pertence á 1º Promoción de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador do semanario A Nosa Terra, cunha columna titulada "San Caetano". Colabora tamén con "O Boletín" voceiro da CIG dos servizos centrais da Xunta de Galicia. Así mesmo ten colaborado con Irmandade TV, Novas da Galiza, Vía V, O Xeiteiro e Luzes.
Foi membro fundador da Plataforma Cultura Si Mausoleo Non, na que exerceu como portavoz para denunciar a construción da Cidade da Cultura de Galicia.