Saltar ao contido

Xiuhtecuhtli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xiuhtecuhtli
Imaxe
 Instancia de
 Venerado por
Biografía
 Sexo
Familia
 Cónxuxe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0mfwm Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Xiuhtēcuhtli (en galego: Señor das Turquesas ou Señor do Lume),[1][2][3] tamén coñecido como Cuezaltzin (en galego: Laparada) ou Ixcozauhqui,[4] é o deus do lume, o día e a calor na mitoloxía azteca.[2] As fontes históricas refírense a el por varios nomes, que reflicten os seus diferentes aspectos e moradas nas tres partes do cosmos.[5] Era considerado o señor dos volcáns,[6] a personificación da vida no alén, a calor no frío (é dicir, o lume), a luz na escuridade e a comida durante unha gran fame. A súa esposa é Chalchiuhtlicue.

Ás veces é considerado a mesma divindade ca Huehueteotl (en galego: O deus vello),[1] malia que Xiuhtēcuhtli adoita representarse como un mozo.[2] Tamén aparece como manifestación de Ometecuhtli, o Señor da Dualidade, e, segundo o Códice Florentino, era o pai dos deuses,[1][7] que vivía nun cerrume de turquesa no centro da terra.[8]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]