Xisela de Baviera
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 980 ![]() Bad Abbach, Alemaña ![]() |
Morte | 7 de maio de 1065 ![]() Kloster Niedernburg, Alemaña (en) ![]() ![]() |
Abadesa | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | raíña reinante ![]() |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 7 de maio ![]() |
Outro | |
Título | Nobile Raíña consorte Raíña ![]() |
Familia | Dinastía Saxoa ![]() |
Cónxuxe | Estevo I de Hungría (996 (Gregoriano)–) ![]() |
Fillos | Hedwig of Hungary, Santo Américo, Oto, príncipe da Hungria ![]() |
Pais | Henrique II, Duque da Baviera ![]() ![]() |
Irmáns | Bruno of Augsburg Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico Brigitta of Bavaria ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide ![]() |
![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Xisela de Baviera (húngaro: Bajoroszági Gisela; en alemán: Gisela von Bayern), nada en Bad Abbach no 980 e finada en Passau o 7 de maio de 1065, foi raíña consorte de Hungría. Esposa do rei Estevo I de Hungría e nai do príncipe Emérico de Hungría. Irmá pequena de Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xisela naceu ao redor de 984, como a filla maior de Henrique II, duque de Baviera, e de Xisela (Isabella) de Borgoña. En 995 morreu Henrique "O Pendenceiro" e o seu fillo maior, tamén chamado Henrique, asumiu o control do ducado e comezou a negociar cos seus veciños máis próximos: os húngaros. Deste xeito, Xisela casou con Estevo I en 996 na abadía de Scheyern, en terras bávaras. Este matrimonio supuxo a primeira unión dunha familia imperial xermánica cun monarca "bárbaro" de Oriente, xa que ata entón os emperadores non se casaran con polacos, checos, húngaros ou eslavos. Entre os anos 1000 e 1007 deu a luz varios fillos, entre eles un chamado Otón (en homenaxe ao seu antepasado Odón I "O Grande") que morreu na infancia e outro chamado Emeric.
Xisela foi unha das principais promotoras do cristianismo en Hungría a principios do século XI, e con ela chegaron ao reino húngaro un gran número de nobres e cregos xermánicos, contribuíndo ao seu desenvolvemento. Segundo as crónicas, Xisela viviu moitas veces na cidade de Veszprém, mantendo preto dela o seu clero, tanto que segundo a tradición o bispo de Veszprém adquiriu o dereito de coroar ás raíñas consortes do reino. En 1031, o seu único fillo, o Santo Emérico, herdeiro ao trono húngaro, morreu mentres cazaba ao atacalo un xabaril. Este acontecemento tivo grandes consecuencias para Estevo I, que se volveu cada vez máis relixioso e retirouse do goberno. As crónicas falan de Vazul, curmán de Santo Estevo, que intentou asasinar ao rei, polo que foi encarcerado. Prodúcese unha serie confusa de acontecementos, onde Xisela envía un mensaxeiro para interceptar a quen leva unha orde de Santo Estevo, e en lugar de ser liberado, Vazul queda cegado. Os motivos deste suceso aínda non foron aclarados.
Tras a morte do seu marido en 1038, o novo monarca Pedro Orseolo de Hungría, sobriño de Estevo I, permitiu que Xisela permanecese un pouco na corte real, ata que finalmente desposuíla dos seus bens e mandouna vivir a un pobo próximo baixo vixilancia. Isto contribuíu, en parte, ao enorme descontento entre a poboación e os nobres, que levou aos nobres húngaros a depoñer no 1041 a Pedro Orseolo e colocar no trono a Samuel Aba, quen casara cunha das irmás de Estevo I. Orseolo fuxiu a terras xermánicas e regresou cun exército imperial co que derrotou ao tronosurpador. Despois da morte de Samuel Aba en 1044, Xisela regresou á súa terra natal, facendo votos como monxa no convento de Niedernburg, Passau, Baviera. Alí viviu ata a súa morte, como abadesa do convento ata o ano 1059.
En 1975 foi beatificada polo papa Paulo VI.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Xisela de Baviera