Saltar ao contido

Xirín europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xirín europeo
Serinus serinus
Carl von Linné 1766 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
S. serinus Editar o valor en Wikidata
Características
 Ciclo diurno
Conservación
Localización
 Área de distribución
Diagrama de tamaño
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaFringillidae
XéneroSerinus
EspecieS. serinus
 Sinonimia
Fringilla serinus (protónimo)
Datas
 Período de incubación
12 d Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Masa1,21 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
Envergadura6 cm Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada3,5 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0206bl Editar o valor en Wikidata
ITIS562967 Editar o valor en Wikidata
OTT1083724 Editar o valor en Wikidata
UICN22720049 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O xirín europeo[1] (Serinus serinus), comunmente xirín ou nabiñeiro[2] é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae), que se distribúe por boa parte de Europa, norte de África e oeste de Asia. Non está ameazada e a súa poboación europea cífrase entre 8,3 e 20 millóns de parellas reprodutoras, o que equivalería a entre 24,9 e 60 millóns de individuos[3].

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Foi descrito por Linneo en 1766 baixo o nome de Fringilla serinus.[4] É unha especie monotípica, é dicir, sen subespecies descritas,[5][6] aínda que algunhas fontes mencionan unha subespecie Serinus serinus flaviserinus.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É o máis pequeno dos frinxílidos, mide uns 11–12 cm. É un parente próximo ao canario. O manto e a cabeza son de cores apardazadas mentres que o ventre é dunha forte cor amarela, en especial no macho (a especie presenta dimorfismo sexual).[7]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Nese chan á beiramar
no pracer adormentada,
ou encantada,
arregálante un sin fin
de paxaros ben cantores,
reiseñores,
o xílgaro e o xirín.

O xirín reside na meirande parte de Europa, sendo unha especie residente na conca Mediterránea, mentres que no norte habita unicamente en época de cría. Aínda que a súa área de distribución orixínase ou dá comezo no Mediterráneo, o xirín estendeuse dende o norte de África até o sur de Europa, e mesmo pola Europa continental e Asia Menor. Foi nos séculos XIX e XX, cando o xirín comezou a ampliar a súa área de distribución pola Europa Central e Occidental, iniciando tamén a colonización do Oriente Medio. Hoxe día pode atoparse nos países bálticos, e no Oriente, localízase en Belarús e Ucraína, espallando a súa distribución de forma xeral cara á costa do Mar Negro. A súa expansión cara ao sur deu lugar á instalación desta especie nas Illas Baleares, as Illas Canarias, as illas do Exeo, Chipre, así como no norte de Marrocos, Tunes, Alxeria e Exipto.

Serinus serinus
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
  2. Na@iñeiro, na base histórica de dicionarios galegos.
  3. Serinus serinus[Ligazón morta], na Lista Vermella da IUCN de especies ameazadas, consultada en maio de 2011 sobre datos de 2004.
  4. 1 2 "Ficha do xirín". Consultado o 22 de xuño de 2010. Avibase
  5. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2010.
  6. Cornell Lab of Ornithology. "Clement's Checklist 6.3" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2010.
  7. Mullarney,K.; Svensson, L.; Zetterström, D; e Grant, P.J. (2003). Guía de Campo das Aves de España e de Europa. Editorial Omega. ISBN 84-282-1218-X.
  8. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do xirín. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 89. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]