Xingshi yinyuan zhuan
| Xingshi yinyuan zhuan | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Autor/a
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
Xingshi yinyuan zhuan (en chinés tradicional: 醒世姻緣傳; en pinyin: Xǐngshì yīnyuán zhuàn; lit. "A historia dun destino marital para espertar ao mundo") é unha novela clásica chinesa de finais da dinastía Ming ou comezos da Qing. Consta de cen capítulos e máis dun millón de palabras, polo que se trata dunha das obras máis longas do período. Segundo Daria Berg, é "unha das novelas tradicionais en vernáculo máis infravaloradas da China" e "unha das exploracións do mundo da ficción de maior escala".[1] Esta saga segue a historia de dúas familias, unha delas a reencarnación da outra, retratando os vicios e a decadencia moral dunha nación en declive.[1]
Orixinalmente titulado E yinyuan (en chinés tradicional: 惡姻緣; lit. "Un destino matrimonial maldito"), o libro utiliza a doutrina budista do karma e o vipāka como o seu motivo principal.
Autoría e datación
[editar | editar a fonte]A novela publicouse baixo o pseudónimo de Xizhou Sheng (en chinés tradicional e simplificado: 西周生; en pinyin: Xīzhōu Shēng) ou "Erudito dos Zhou do Oeste" (considerada a idade dourada da dinastía Zhou). Segundo o descubridor do manuscrito, Hu Shih, foi escrita polo célebre Pu Songling, mais esta teoría foi desacreditada posteriormente.[2] Descoñécese o auténtico autor mais este, coma Pu Songling, empregou moitas expresións do dialecto de Shandong, do mesmo xeito ca o Jin ping mei (obra que é citada na novela).
A data de composición estableceuse entre 1628 e 1681; é dicir, entre finais da dinastía Ming e comezos da Qing.[1] Comparte elementos estruturais e técnicas literarias coas Catro grandes novelas clásicas da China, como a lonxitude de cen capítulos, divididos en unidades de dez, cada unha delas acentuada por dous episodios finais climáticos ou proféticos. Tamén emprega a recorrencia, recursos propios da literatura oral e un estilo coloquial moi expresivo. Abundan as expresións sexuais e escatolóxicas directas, mais as escenas de sexo son sobrias en comparación.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Berg, Daria (2001). "Traditional Vernacular Novels: Some Lesser Known Works". En Mair, Victor. The Columbia History of Chinese Literature (en inglés). Columbia University Press. pp. 659–674. ISBN 0231109849.
- Plaks, Andrew H. (1985). "After the Fall: Hsing-Shih Yin-Yüan Chuan and the Seventeenth-Century Chinese Novel". Harvard Journal of Asiatic Studies (en inglés) 45 (2): 543–580. JSTOR 2718972. doi:10.2307/2718972.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texto completo (en chinés)