Saltar ao contido

Ximnotiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ximnotiformes
 Nome taxon
    Gymnotiformes
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
SubreinoBilateria
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdeGymnotiformes Editar o valor en Wikidata
L.S.Berg, 1940 Gymnotiformes Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01gt45 Editar o valor en Wikidata
MeSHD023702 Editar o valor en Wikidata
ITIS553135 Editar o valor en Wikidata
OTT216180 Editar o valor en Wikidata
CoL623BF Editar o valor en Wikidata
EOL5477 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Anguía eléctrica (Electrophorus electricus)

Os Ximnotiformes (Gymnotiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Comprende especies de río distribuídos por zonas tropicais húmidas desde Guatemala ata o norte da Arxentina, entre os que se inclúen os peixes eléctricos de Suramérica e os chamados peixes coitelo.

Características

[editar | editar a fonte]

Son peixes de hábitos nocturnos que se caracterizan por posuír órganos capaces de xerar un campo eléctrico. Quizais a especie máis coñecida sexa a anguía eléctrica (Electrophorus electricus), que pode emitir poderosas descargas eléctricas de ata 600 voltios para cazar e defenderse. Ademais destas descargas fortes e puntuais, todos xeran de forma continua un campo de menos de 1 voltio que lles serve para a navegación e a comunicación. En cada especie este campo é distinto e característico. Os órganos eléctricos derivan evolutivamente de células musculares, de ben nos Apteronotidae derivan de células nerviosas.

O corpo é de forma de coitelo ou cilíndrico, máis ou menos comprimido. Perderon as aletas pelvianas e a dorsal, pero a aleta anal é extremadamente longa e ondulada, para permitir movementos tanto cara a adiante como cara a atrás. A aleta caudal pode estar ausente ou ser moi reducida.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Divídense en dúas subordes e seis familias, que agrupan unhas 150 especies coñecidas:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]