Xigantismo abisal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exame dunha lura xigante de 9m, o segundo meirande cefalópodo, que apareceu en Noruega.

En zooloxía, o xigantismo abisal, é a tendencia dalgunhas especies de invertebrados e outros animais das profundidades mariñas a desenvolver un tamaño maior que o dos seus parentes de augas menos profundas. Explicacións propostas a este fenómeno son a adaptación a recursos alimentarios máis escasos, a maior presión ou a temperatura máis fría das profundidades.

Algúns exemplos de xigantismo abisal son os isópodos xigantes, a Alicella gigantea, o cangreño araña xaponés, o Regalecus glesne, o Plesiobatis daviesi, o Haliphron atlanticus,[1] e un gran número de especies de luras: a Mesonychoteuthis hamiltoni (até 14 m de lonxitude), a lura xigante (até 13 m), Onykia robusta, Taningia danae, Galiteuthis phyllura e Kondakovia longimana. Algúns peixes grandes que habitan no océano profundo, como o Somniosus microcephalus e o Somniosus pacificus, non serían considerados exemplos de xigantismo abisal xa que poden visitar augas menos profundas e en comparanza con outras especies de tiburóns non son máis grandes que o tiburón branco, por exemplo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoving, H. J. T.; Haddock, S. H. D. (2017-03-27). "The giant deep-sea octopus Haliphron atlanticus forages on gelatinous fauna". Scientific Reports 7: 44952. doi:10.1038/srep44952. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]