Saltar ao contido

Xiana Lastra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXiana Lastra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1983 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, escritora, música, mestra Editar o valor en Wikidata

Instagram: xiana_lastra BNE: XX5370918 Dialnet: 2997152 Musicbrainz: 43dcfa54-f7b1-45dd-8520-c5d58aedb634 Editar o valor en Wikidata

Xiana Lastra Pernas, nada en Ferrol o 12 de novembro de 1983, é unha cantante e produtora musical galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xiana Lastra medrou en Caranza, un barrio obreiro da cidade de Ferrol, nun ambiente castelanizado, porén dentro dunha familia e comunidade onde o recoñecemento da cultura e a lingua galega estaban moi presentes.[1] Dende moi nova formou parte do coro do colexio Manuel Masdías, Grupo Ledicia, con catro anos e ata os vinte e un.[2] Comezou estudos de piano no ano 1993 no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol e poucos anos despois tomou clases de técnica vocal e canto coa mezzosoprano María José Ladra González durante varios anos.

Estudou Xornalismo entre os anos 2001 e 2005 na Universidade de Santiago de Compostela, e no ano 2008 licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña.[3] Coincidindo cos anos de estudo en xornalismo, integrouse no Orfeón Terra Nosa e tamén colaborou en varios grupos de música tradicional e brasileira como Árdelle o Eixo ou Odaiko Percussión Group.

Na súa formación inclúense estudos en informática para a prensa, a influencia da televisión española en Marrocos, a información radiofónica, xornalismo dixital ou o curso de iniciación as curtametraxes, impartido por Alfonso Zarauza.

Xiana Lastra é unha muller polifacética, que comezou a súa traxectoria no mundo do xornalismo, asemade a música ata chegar a produción audiovisual.[3]

Xornalismo

[editar | editar a fonte]

A súa carreira como xornalista comezou no ano 2005, cun convenio en prácticas como redactora no Centro territorial de Televisión Española en Galicia de Santiago de Compostela e logo xa contratada para o mesmo organismo no centro da Coruña, ata 2006. En 2007 obtivo unha bolsa na Unidade de Contidos Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña e sumou outro convenio en prácticas como produtora en programas de cultura da TVG seguido dunha bolsa Feuga[4] no mesmo eido, entre 2008 e 2009.

Nesta etapa fixo traballos de produción en programas como Miraxes, Planeta Cine e Libro Aberto, así como redacción, gravación, realización, deseño e posproducción. Foi axudante de produción na gala de entrega da Medalla de Galicia 2008 e responsable do guión e produción na gala María Manuela. Habemos ir, celebrada no Teatro Jofre de Ferrol, en decembro de 2008.[5]

Integrouse na Asociación Pedagóxica Nova Escola Galega no ano 2009 coa que leva anos facendo traballos administrativos e de contabilidade, así como colaboracións na organizacións de cursos de formación para o profesorado. Tamén leva o control publicitario e de distribución da Revista Galega de Educación, participa na redacción dos artigos, deseño gráfico, elaboración de vídeo promocionais e a maquetación e deseño das portadas.[6]

Durante o ano 2011 foi redactora de informativos na Televisión de Galicia, nas súas delegacións de Lugo, Ourense e A Coruña.[7]

Desde o ano 2008 comezou a dedicación á música dun xeito máis profesional. Participou en proxectos como Puntada sen fío, dous disco-libros: A miña primeira Rosalía (2013)[8] e o Meu primeiro Celso Emilio (2014) sendo coautora co seu pai Xosé Lastra e como vocalista, xunto a María Manuela, Mini e Mero e unha gran banda de músicos do país entre os que se atopaban persoeiros coñecidos como Nani García, Xurxo Varela, Roberto Grandal, Simón García, Manuel e Pepe Dopico, Paco Barreiro, Pablo Sabio ou Nuria Lestegás.[9]

Fundou en 2012, xunto a dous socios, Seispés Producións Creativas, unha produtora dedicada ao audiovisual, o deseño gráfico, a comunicación e a produción e promoción musical. Neste eido traballa de manager de grupos como A banda da Loba, Tanxugueiras, Monoulious DOP, Pesdelán ou MJ Pérez entre outros.[10]

É a vocalista de A banda da Loba, dende a súa creación no ano 2016, ademais de compositora. A filosofía da banda, levando da man a música e a poesía, ten como un dos seus principais obxectivos levar a poesía a máis xente e sobre todo á xente nova. Por iso cada ano procuran facer algunha actividade que entre nos centros educativos para achegar a música e poesía galegas tanto clásica como da modernidade.[11]

Desde 2019 preside a Asociación Músicas Ao Vivo, entidade de referencia en Galicia na defensa dos dereitos do colectivo.[12]

Lastra é profesora de música e participa en conferencias, cursos, obradoiros e xornadas relacionadas coa temática.[13][1][14]

Outros traballos

[editar | editar a fonte]
  • 2007. Traballos de dirección, produción, gravación, realización e edición do docu-reportaxe Tempo de teatro, emitido en Correo TV dentro do programa cultural Vía Láctea.
  • 2008. Traballos de dirección, produción, gravación, realización e edición do documental Ferrol: cidade da ilustración (Traballo fin de carreira realizado xunto a Elena Mareque)
  • 2010. Codirección xunto Adrián Gómez da curtametraxe Café só.[7]
  1. 1 2 XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Daquelas que cantan.
  2. ↑ "Biblioteca Nacional de España". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2024. Consultado o 09 de decembro de 2024.
  3. 1 2 Lombardero, Xavier (2021-09-05). ""Non pensaba ser música de profesión, só facelo ben"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-12-09.
  4. ↑ "Fundación Empresa-Universidad Gallega". FEUGA (en castelán). Consultado o 2025-02-09.
  5. ↑ "La ciudad rendirá en el teatro municipal un homenaje a la cantante María Manuela". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-11-18. Consultado o 2025-02-09.
  6. ↑ "Nova Escola Galega: catro décadas de defensa do ensino público e a renovación pedagóxica". Praza Pública. 2023-07-03. Consultado o 2025-02-23.
  7. 1 2 "Xiana Lastra Pernas - Galegos - Gallegos". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2025-02-23.
  8. ↑ A MIÑA PRIMEIRA ROSALIA - XOSE LASTRA MURUAIS; XIANA LASTRA PERNAS - 9788499145594.
  9. ↑ "musicaengalego".
  10. ↑ Valerio, Isidoro (2022-12-06). "XIANA LASTRA". Músicas de Ferrolterra (en castelán). Consultado o 2024-12-27.
  11. ↑ Ao son da nosa música (27 de decembro de 2021). Ao son de Xiana Lastra.
  12. ↑ "Músicas Ao Vivo". www.musicasaovivo.gal (en inglés). Consultado o 2024-12-27.
  13. ↑ "MONOGRAFICO: O Tratamento da Voz na Música Tradicional". rebulir.com (en castelán). 2013-01-27. Consultado o 2025-02-23.
  14. ↑ A.C. Vai Rañala Meu! (4 de maio de 2024). Falamos con Xiana Lastra.