Saltar ao contido

Xestosa, Buxantes, Dumbría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xestosa
ParroquiaBuxantes
ConcelloDumbría
Coordenadas42°57′27″N 9°05′28″O / 42.9573682, -9.0912033
Poboación64 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Xestosa é un lugar da parroquia de Buxantes no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Tiña 71 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 36 homes e 35 mulleres. No 2024, segundo o Instituto Nacional de Estadística, tiña 59 habitantes, 33 homes e 26 mulleres.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas en 1761 tiña trece veciños:[1] Bernardo del Río (44 anos; pai de Domingo, de 23); Cathalina López (38 anos; nai de Domingo, de 22, e dunha filla); Domingo Durán (22 anos); Francisco Velo (61 anos, pai dunha filla de 32 casada con Fernando Piñeiros, cun neto e unha neta); Froylán de Lema (60 anos, cun fillo); Fructuosa García (51 anos; casada con Ponziano Gándara, ausente no reino de Castela, nai de Antonio, de 22 anos); Joseph del Río (60 anos; irmán de Domingo del Río, de 63, e tío dunha muller de 31 anos casada con Antonio García); Manuel Ezara (43 anos; pai de dous fillos e de Francisca, de 22); Marcos Castro (48 anos); María Maceiras; María Lema; Pedro Sendón (59 anos; pai de Francisco de Sendón, de 30); Félix Lago (49 anos; pai de dous fillos).

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Buxantes

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Buxantes no concello de Dumbría (A Coruña)

Anseán | O Brazal | Busto | A Carballa | O Carboal | A Casanova | Castro | Cerván | Figueiroa | A Filgueira | A Fontesanta | A Grixa | Martín | Miñóns | A Pelexa | As Teixoeiras | Vilar | Vilar de Paraíso | Xestosa

Parroquias de Dumbría

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dumbría

Berdeogas (Santiago) | Buxantes (San Pedro) | Dumbría (Santa Baia) | O Ézaro (Santa Uxía) | Olveira (San Martiño) | Olveiroa (Santiago) | Salgueiros (San Mamede)