Jesús Castro Yáñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xesús Castro Yáñez»)
Infotaula de personaJesús Castro Yáñez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Baltar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 3057662

Jesús Castro Yáñez, nado en Baltar (A Pastoriza), o 2 de abril de 1992, é un poeta e odontólogo[1] galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria literia moi mozo e con só 17 anos gañou o premio Minerva de poesía [2]. Tres anos despois gañaría o II Premio de poesía Díaz Jácome (2012) e, a partir de aí, obtería mencións noutros certames coma o Xela Arias ou o Ánxel Casal. 2015 foi o ano máis importante para el canto a recoñecementos, pois en pouco tempo foi recoñecido con dous premios relevantes: o I Premio de relato breve Nélida Piñón[1] do Concello de Cotobade, co relato “O vello e o minotauro”[3] e o Premio nacional de poesía Pérez Parallé con Os nomes e os himnos[4].

Ten publicado poemas en revistas como Dorna ou Obituario Magazine. É autor da plaquette bilingüe de descarga gratuíta Spike-and-wave (Nanoediciones, 2014). No 2017 publica en inglés /\/\/\ dentro do proxecto poetrywillbemadebyall.com —dispoñible tanto para descarga gratuíta en Internet como en formato impreso— e Ultramarino (Chan da Pólvora Editora, 2017). En 2018 colaborou na revista Ligeia.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Obituario (Fundación Málaga, 2015).
  • No seu despregar (Apiario, 2016). Poesía.
  • 13. Antoloxía da poesía galega próxima (ed. bilingüe, Chan da Pólvora / papeles mínimos, 2017). Poesía.

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Antropoloxía da auga, de Anne Carson (Chan da Pólvora, 2023).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El lucense Jesús Castro gana el Premio Nélida Piñón de relato corto". El Progreso. Consultado o 19-5-2020. 
  2. "Los premios Minerva o el futuro de las letras gallegas". El Correo Gallego. Consultado o 19-05-2020. 
  3. “O vello e o minotauro” gaña o primeiro premio de relato breve “Nélida Piñón”
  4. "Jesús Castro Yáñez obtén o XXVIII Premio Pérez Parallé". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  5. "Jesús Castro Yáñez". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416. 
  6. "Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe". rinoceronte.gal. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2021. Consultado o 25 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]