Xesús Antonio Gulías Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xesús Antonio Gulías Lamas
Xesús Antonio Gulías Lamas.jpg
Datos persoais
Nacemento 29 de maio de 1948 (69 anos)
Lugar Beariz, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego

Xesús Antonio Gulías Lamas, nado en Beariz o 29 de maio de 1948, é un escritor e antropólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de labregos e canteiros que o marcaron profundamente cunha pescuda da súa identidade como investigador e terramontés. Estudou no Seminario de Ourense e no Instituto Nacional de Misións Estranxeiras (IEME) en Madrid, onde tamén cursou antropoloxía.

O seu interese pola cantaría e pola arquitectura medieval levouno a recoller de viva voz entre os canteiros, sobre todo de Montes, o material que daría lugar ao Diccionario do Verbo dos canteiros.

O seu compromiso con Beariz e coa Terra de Montes guiárono sempre na investigación da súa historia e na recollida das súas lendas e tradicións.

Foi presidente da Asociación de Amigos da Terra de Montes dende o ano 2003 ata o 2005 e recibiu a medalla de ouro da mesma asociación no ano 2009.

Obra[editar | editar a fonte]

Poema de Xesús Antonio Gulías no verbo dos arxinas.
  • Beariz de Montes, aspecto antropolóxico, histórico e cultural dun pobo.
  • O Castelo do Castro do Castro de Montes.
  • Evolución socio-económica das parroquias de Lebozán, Beariz e Xirazga.
  • Polos camiños de Beariz de Montes.
  • Do castro de Magros a San Pedro.
  • Nas ribeiras do Lérez.
  • A parroquia de Beariz no Tumbo Grande de Acibeiro.
  • Xuíces meiriños inéditos da Terra de Montes.
  • Historia para unha romanza de cego.
  • Un nome para a eternidade.
  • Os ronseis da pedra.
  • Un sol de eternidade.
  • Xotitle e o indiano.
  • Polos vieiros da Pedra.
  • O románico e as marcas dos canteiros no cuadrante noroccidental de Galicia.
  • A lenda do Churruchao.
  • Lenda da Serpe da fonte de Ricobanco.
  • O Castelo de Outes e os monumentos medievais do Barbanza.
  • A fortaleza da Barreira.
  • Hórreos de Galicia.
  • Diccionario do Verbo dos canteiros, (Editorial Ir Indo; 2000 e 2009).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Blog Cruceiros de Galiza
  • Blog Castro de Montes
  • Blog Castelo de Outes