Xertrude de Merania
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de setembro de 1185 Andechs |
| Morte | 28 de setembro de 1213 Montañas Pilis |
| Causa da morte | homicidio |
| Lugar de sepultura | Hungría |
| Actividade | |
| Ocupación | raíña |
| Outro | |
| Título | Raíña consorte |
| Familia | Counts of Andechs (en) |
| Cónxuxe | André II de Hungría |
| Fillos | Ana María de Hungría, Béla IV de Hungría, Sabela de Hungría, Colomán de Galicia, André de Hungría |
| Pais | Bertoldo IV de Merânia |
| Irmáns | Heduvixes de Silesia Einés de Merania Bertoldo V de Merania Odón II de Borgoña Ekbert von Andechs-Meranien Henrique II de Istria |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie |
Xertrude de Merania, nada en 1185 e finada o 28 de setembro de 1213, foi raíña de Hungría,[1] como a primeira muller de André II, dende 1205 até que o seu asasinato. Foi rexente durante a ausencia do seu marido.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Era a filla do conde de Baviera Bertoldo IV de Andechs, quen fora elevado ó título de duque de Merania polo emperador Frederico Barbarroxa, e da súa muller Inés, da Casa de Wettin saxoa. A irmá máis vella de Xertrude foi Inés de Merania, famosa pola súa beleza, quen casou co rei Filipe II de Francia. A súa irmá máis nova foi Santa Eduvixe de Silesia, muller do duque piasta Henrique I o Barbudo, posteriormente alto duque de Polonia. O seu irmán foi Otón, quen sucedeu a seu pai como duque de Merania.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mek.niif.hu (ed.). "Magyar Életrajzi Lexikon". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 4 de xaneiro de 2013.