Gerardo Pardo de Vera
Aparencia
(Redirección desde «Xerardo Pardo de Vera»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1942 (82 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Becerreá | |
1979 – 1981 ← Manuel Rodríguez Valiño – Antonio Fernández Pombo → | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político |
Partido político | Alianza Popular |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Luisa Posada |
Fillos | Ana Pardo de Vera, Isabel Pardo de Vera |
Gerardo Manuel Pardo de Vera Díaz, nado na Coruña o 18 de outubro de 1942, é un escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela e fixo cursos de dereito en Madrid e Valladolid, onde chegou a tocar a batería no grupo Hamstrong.[1] Colaborou en La Noche e El Correo Gallego. Instalouse en Lugo no ano 1971. Foi elixido alcalde de Becerreá por Coalición Democrática nas primeiras eleccións democráticas. Foi deputado provincial. En 1981 tivo un enfrontamento con Manuel Fraga e foi expedientado, deixando o cargo de alcalde. Foi o primeiro presidente da Asociación do Camiño Primitivo. Colaborou en El Progreso e La Voz de Galicia, onde exerceu como cronista parlamentario.
Predecesor: Manuel Rodríguez Valiño |
Alcalde de Becerreá 1979 - 1981 |
Sucesor: Antonio Fernández Pombo |
Obras
[editar | editar a fonte]É autor das obras (inéditas):
- Valle-Inclán: o home e o mito.
- Voltaire, la razón pertinaz.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Pardo de Vera y Díaz, Xerardo Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xerardo Manuel Pardo de Vera Díaz, ficha en galegos.info
- «En la Plaza de Santo Domingo inicié mi afición a la bicicleta», entrevista en La Voz de Galicia
- Noticia en La Voz de Galicia