Xenocidio matsé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colonos colocando unha bandeira peruana no alto dunha maloca nunha das aldeas bombardeadas, en outubro de 1964.

O xenocidio matsé foi o masacre sistemático, patrocinado polo estado peruano, contra os civís de tribos amazónicas matsés a beiras do río Yavarí dentro do departamento de Loreto, preto da fronteira co Brasil en 1964 durante o primeiro goberno de Fernando Belaúnde Terry.[1] O número de mortos e feridos é descoñecido.[2]

A selva do leste era un tema de interese para o goberno peruano, e Belaúnde Terry xa deixara claro na súa obra La conquista del Perú por los peruanos, publicada en 1959, que a Amazonia tiña que ser aproveitada polos seus recursos naturais, especialmente a madeira, e conectar as cidades amazónicas ao resto do país por estrada.[3] No eido cultural, o xenocidio matsé tamén formou parte do choque entre o mundo mestizo occidental civilizador e o mundo indíxena amazónico, pois malia a mestizaxe nas poboacións da costa e dos Andes, figuras relevantes como César Lévano aplaudiron as accións do goberno, e nunha publicación en Caretas dixo:

Con sangue e lume, civilización e barbarie disputan un territorio no que ata onte reinaban a víbora e o tigre.[4]

Os membros das Forzas Armadas do Perú que participaron nas operacións antimatsés foron recibidos con arengas cando volveron a Lima; ademais, o goberno de Belaúnde tentou xustificar a súa acción ao acusar aos indíxenas de estar a formar guerrillas comunistas.[3]

Contexto histórico[editar | editar a fonte]

Relación entre o Perú e a selva amazónica[editar | editar a fonte]

No aspecto rexional, Loreto experimenrara intentos de independentismo e federalismo; en case todos os intentos, a participación dos indíxenas foi favorable ás insurreccións, o que xa provocaba unha relación tensa entre o goberno e os habitantes de Loreto.

Violencia contra os pobos orixinarios[editar | editar a fonte]

Cartel en castelán na beira do Yavarí que advirte aos matsés de deixar de atacar aos colonizadores, os matsés non falaban castelán.

Loreto era daquela un territorio desconectado do resto do país e coa febre do caucho volveuse unha área que atraeu a buscadores de fortunas. Xa daquela o empresario Julio César Arana levou a cabo o denominado xenocidio do Putumayo entre 1879 a 1912 onde os indios das concas dos ríos Putumayo e Caquetá foron escravizados para a extracción obrigatoria de caucho aproveitando que daquela había un conflito territorial entre Colombia e o Perú.[3]

Aínda que os matsés habitaban o río Yavarí, afastado da área de conflito Putumayo-Caquetá, non foron alleos ao sometemento por parte de caucheiros peruanos e brasileiros, provocando hostilidade por parte dos matsés a intrusos non indíxenas nos seus territorios. Os matsés en si en realidade eran un conxunto de tribos moi diversas que foron agrupadas pola súa condición de vivir no río Yavarí, o seu principal grupo son os mayorunas. Por tal motivo os matsés desenvolveran técnicas de supervivencia para evitaren ser detectados polod colonos, talrd como ensinar aos cans a non ladrar cando se lles ordenaba, cultivar pequenas chacras (parcelas de policultivo) en diferentes lugares agochados da selva e estabelecer períodos máis curtos de horticultura itinerante.[5]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

En outubro de 1964 na provincia de Requena, no leste de Loreto, madeireiros e colonizadores peruanos foron emboscados por mayorunas, tribo maioritaria dos matsés, ante o ingreso de devanditos colonos á conca do Yavarí. A decisión do goberno de Belaúnde foi enviar á forza Aérea do Perú para bombardear as aldeas de tres dos catro clans matsés máis relevantes por todo o Yavarí. A acción do goberno foi cualificado de maneira positiva por toda a sociedade peruana. No bombardeo, segundo Witness to Sovereignty: Revisiting the Latin American Indigenous Peoples’ Ethnopolitical Movement de Stefano Varese, nos ataques cara aos indios utilizouse unha bomba de napalm en forma de práctica para posteriormente utilizar ese armamento contra militantes das guerrillas socialistas Exército de Liberación Nacional (ELN) e o Movemento de Esquerda Revolucionaria (MRI).[5]

Relatos de poboadores da zona desmenten o relato oficial da presunta relación entre guerrillas e mayorunas:

Unha vez rematadas as campañas militares, o presidente Fernando Belaúnde felicitou aos madeireiros no palacio de Goberno e chegou a viaxar á cidade de Requena para inaugurar un aeroporto.[3] O uso de napalm foi corroborado e confirmado o 9 de outubro de 1968 polo Goberno Revolucionario da Forza Armada do militar Juan Velasco Alvarado que realizou un golpe de estado contra Belaúnde ese mesmo ano.[5]

Legado[editar | editar a fonte]

Logo da caída do Goberno Revolucionario da Forza Armada, o xenocidio de 1964 non foi tomado en importancia por parte do estado, aínda que en tempos contemporáneos críticase que Belaúnde tivo un comportamento hostil contra os mayorunas que só se defendían e un comportamento dócil cara aos atentados do grupo terrorista Sendero Luminoso ao comezo do conflito armado interno en 1980 durante o seu segundo goberno.[6]

En 2020, o presidente do Consello de Ministros Walter Martos no marco do primeiro proceso de vacancia presidencial contra o mandatario Martín Vizcarra, invocou a memoria de Belaúnde por cuestións políticas:

Devandito acto foi tachado de «infeliz ocorrencia», os críticos tamén lembraron a opinión que tiña o mesmo Belaúnde sobre as organizacións de dereitos humanos, ao copiar o estilo arxentino do ditador Jorge Rafael Videla para reprimir aos disidentes, chegando a responder despectivamente aos chamados de Amnistía Internacional por presuntas violacións de dereitos humanos en Ayacucho: «As cartas de Amnistía Internacional van ao cubo do lixo (…) eu non as acepto».[6]

Os gobernos de Belaúnde tamén tiveron incidentes contra os indíxenas dos ríos Urubamba e Manu entre os departamentos de Cuzco e Madre de Dios respectivamente.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El día en el que Fernando Belaúnde mandó a matar a cientos de nativos". Diario Voces. 19 de abril de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  2. "El baguazo de Fernando Belaúnde". Diario Voces. 11 de xullo de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Belaúnde en la Amazonía, por Marc J. Dourojeanni". caaap.org.pe. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  4. "El genocidio perpetrado por Fernando Belaúnde contra los mayorunas". servindi.org. 18 de abril de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Witness to Sovereignty: Essays on the Indian Movement in Latin America". Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Fernando Belaunde y Acción Popular mataron más, ¿y por qué nadie lo recuerda?". Razón y saber. 14 de setembro de 2020. Consultado o 3 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]