Xenismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un estranxeirismo ou, máis tecnicamente, xenismo (aínda que ocasionalmente se igualan mentres que outras veces se usan con significados distintos) designa aquelas palabras que existen nun idioma e que proceden doutro. Os xenismos poden subdividirse en dous tipos:

segundo o grao de adaptación do lexema dentro da lingua de destino. Esta adaptación á lingua final pode facerse mediante unha modificación da estrutura fonética, escrita ou mesmo semántica.

Os xenismos están presentes en tódalas linguas e considéranse normais e mesmo necesarios para a súa obrigada evolución. O máis habitual é que se utilicen para denominar novos elementos, técnicas, conceptos que non existían anteriormente. Considéranse innecesarios cando pretenden suplantar outra verba patrimonial preexistente. Outra estratexia para evitar o uso dun xenismo innecesario é a recuperación léxica dunha palabra cun uso tradicional moi semellante pero nun contexto distinto (v. zorra ou lamia).

En galego, os principais xenismos son dos seguintes tipos:

Existe unha certa variación da influencia e da orixe dos xenismos en función da época e da lingua de destino. No caso do galego, os galicismos entraron sobre todo co esplendor da cultura gala e trala guerra civil española debido ó simbolismo de liberdade de Francia durante a represión franquista, os castelanismos durante todo o século XX e os anglicismos dende os últimos vinte ou dez anos deste século ata a actualidade. Canto ós xermanismos e arabismos, levan tanto tempo instalados na lingua que xa case ninguén os considera estranxeirismos. Pensar que un lexema pode ser un xenismo tamén pode ter connotacións subxectivas e os distintos individuos poden ter opinións diferentes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]