Saltar ao contido

Xenócrates de Afrodisias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXenócrates de Afrodisias
Biografía
NacementoAfrodisias Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, farmacólogo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology
Реальный словарь классических древностей по Любкеру Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5742976

Xenócrates de Afrodisias (en latín Xenocrates, en grego antigo Ξενοκρὰτης) era un médico grego nado en Afrodisias en Cilicia que debeu vivir sobre a metade do século I e foi probabelmente contemporáneo de Andrómaco o Novo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Galeno di que viviu dúas xeracións antes que a súa. Escribiu algúns libros de farmacia e Galeno critícao porque confeccionaba remedios con substancias desaxeitadas como ouriños, cerebros humanos, excrementos, etc. Unha das súas obras titúlase Περὶ τῆς ἀπὸ τῶν Ζώων Ὠφελείας, De utilitate ex animalibus percipienda. Galeno, Clemente de Alexandría, Artemidoro, Plinio, Oribasio, Aecio e Alexandre de Trales cítano en diversas ocasións. Das súas obras Oribasio conservou o ensaio Περὶ τῆς ἀπὸ τῶν Ἐνύδρων Τροφῆς De alimento ex aquatilibus, un interesante rexistro do estado da historia natural da época na que viviu[1].

  1. ↑ W.A.G., Xenocrates en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol. III. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1294.