Xelmirio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Galicia, España |
| Castelán | |
| | |
| Outro | |
| Título | Cabaleiro |
| Fillos | Gundesindo, Pedro, Munio, Xoán, Diego Xelmírez |
Xelmirio foi un cabaleiro galego do século XI, castelán do Castellum Honesti e pai do arcebispo de Santiago de Compostela Diego Xelmírez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi feudatario do bispo de Iria Diego Páez quen lle confiou o goberno da principal defensa marítima da súa diocese, o Castellum Honesti. Xelmirio, que aparece referido na Historia Compostelá como "miles ac praepotens" (un soldado poderoso), gobernou tamén no nome do bispo os territorios da Maía, Iria, Postmarcos e o espazo entre os ríos Tambre e Ulla[1], isto é, todo o territorio no que os bispos de Iria-Compostela exercían o poder político, a Terra de Santiago[2].
Xelmirio foi o pai de Diego Xelmírez, primeiro arcebispo de Santiago de Compostela, e tivo ademais outros catro herdeiros: Xoán, Munio, Pedro e Gundesindo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 173.
- ↑ Portela, Ermelindo (2016). El báculo y la ballesta. Diego Gelmírez (c.1065-1140). Marcial Pons. pp. 126–127.