Xeógrafos gregos menores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Desígnase usualmente co nome de Xeógrafos gregos menores (Geographi Graeci Minores) aos xeógrafos gregos que non fixeron máis que periplos ou monografías, dos cales non nos quedan senón fragmentos pouco extensos; tales son: Hannón de Cartago, Escílax de Carianda, Isidoro de Cárax, Artemidoro, Agatemero, Arriano, Marciano de Heraclea, etc. A colección das súas obras foi publicada por David Hoeschel (Augsburgo 1600, en 8ª); J. Gronovio, (Leida 1697, en 4ª); J. Hudson (1698-1712, 4 tomos en 8ª); Mr. Gail emprendeu unha nova edición que non chegou a concluírse; en 1839, Mr. Millar engadiu a elas un suplemento (París).

Chámase por oposición grandes xeógrafos a Estrabón, Pausanias, Ptolomeo e Estevo de Bizancio.

Tal é a definición no Volume 3 do Dicionario universal de Historia e de Xeografía, que data de 1853. O concepto xeral non variou até o momento[1].

«Geographi Graeci Minores» de Karl Müller[editar | editar a fonte]

A obra máis importante, que compilou textos de 26 autores gregos e bizantinos, traducidos ao latín e cunha rigorosa crítica textual, é a de Karl Müller (Carolus Mullerus): «Geographi Graeci Minores». O prefacio escribiuno Müller en abril de 1853 (p. I a VII). No prolegómeno (p. IX a CXXXVII), describe os códices, os seus estema e as fontes de cada un dos escritos traducidos. Logo vén unha sección “Addenda et corrigenda” (Agregados e correccións) (p. CXXXVII a CXLV). As tres seccións mencionadas están escritas por Müller en latín. A partir de alí, cando o orixinal está en grego, comeza a tradución a dúas columnas, á esquerda a transcrición do orixinal grego, e á dereita a tradución ao latín. Os autores cuxos escritos foron transcritos por Müller son os seguintes:

Tomo I – Editado en 1855, ten 576 páxinas[2].
Título Tradución Autor
Hannonis Carthaginienses Periplos Periplo de Hannón de Cartago Hannón de Cartago
Scylacis, ut Fertur, Periplos Periplo atribuído a Scílax Escílax de Carianda
Dicearchi, ut Fertur, Periegesis Periéxese atribuída a Dicearco Dicearco de Mesina
Agatharchidis de Mari Erythraeo Libri Libro do Mar de Eritreo de Agatárquidas Agatárquidas
Scymni Chii, ut Fertur, Periegesis Periéxese atribuída a Escimno de Quíos Escimno de Quíos
Dionysh Calliphontis F. Periegesis Periéxese de Dionisio, fillo de Califonte Dionisio de Califonte
Isidori Characeni Mansións Parthicae "Etapas Párticas" de Isidoro de Cárax Isidoro de Cárax
Anonymi Periplus Maris Erithreaei Periplo anónimo do Mar Eritreo Anónimo
Arriani Indica et Ponti Periplus Índica e Periplo do Ponto de Arriano Flavio Arriano
Anonymi Periplus Ponti Euxini[3] Periplo anónimo do Ponto Euxino Anónimo
Anonymi Stadiasmus Maris Magni[4] Estadiasmo ou Periplo anónimo do Mar Grande Anónimo
Marciani Heracleencis Peripli Periplo de Marciano de Heraclea Marciano de Heraclea
Tomo II - Editado en 1861.[5] Do mesmo xeito que o Tomo I, presenta un prolegómeno con detallada discusión das fontes (p. I a LVII). Ten 667 páxinas.
Título Tradución Autor
Dionysii Anaplus Bospori Viaxe remontando o Bósforo, de Dionisio Dionisio de Bizancio
Dionysii Periegesis Periéxese de Dionisio Dionisio Periexeta
Avieni Paraphrasis Paráfrase de Avieno Rufo Festo Avieno
Prisciani Paraphrasis Paráfrase de Prisciano Priscianus Caesariensis
Eustathii Commentarii Comentarios de Eustacio Eustacio de Tesalónica
Anonymi Paraphrasis Paráfrase de autor anónimo Anónimo
Scholia in Dionyssium Escolios a Dionisio Dionisio Periexeta
Nicephori Geographia Xeografía de Nicéforo Nicéforo Grégoras
Agathemeri Geographia Xeografía de Agatemero Agatemero
Anonymi Geographia Xeografía anónima (1) Anónimo
Anonymi Geographia Xeografía anónima (2) Anónimo
Anonymi Orbis Descriptio Descrición do mundo anónima Anónimo
Chrestomathia Straboniana Crestomatías de Estrabón Estrabón
Pseudoplutarchi Liber de Fluvius Libro “Sobre os ríos” do Pseudo-Plutarco Pseudo-Plutarco

Hai unha 2ª e 3ª reimpresión: G. Olms, 1965 e 1990.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Librería de Andrade (ed.). Diccionario universal de Historia y de Geografía (1ª ed.). Dixitalizado o 14/05/2009, do orixinal existente na Universidade de Wisconsin - Madison. 
  2. Ambrosio Firmin Didot (ed.). Geographi Graeci Minores - Volumen 1 (en latín) (1ª ed.). 
  3. González Ponce, Francisco J.; "Periplografía griega de época imperial", Universidad de Sevilla; Universidad de La Rioja, Habis, ISSN 0210-7694, Nº 33, 2002 , pp. 564, 565.
  4. Medas, Stefano. "Estadiasmo o Periplo del Mare Grande – e le tecniche della navigazione antica" (PDF). Universitat de les Illes Balears; Palma de Mallorca. 
  5. Ambrosio Firmin Didot (ed.). Geographi Graeci Minores - Volumen 2 (en latín) (1ª ed.). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pseudo-Escimno; Marcotte, Didier (introd. y ed.) (2000). Les Géographes grecs. Tome I, Introduction générale. Pseudo-Scymnos, Circuit de la terre (en francés e grego). Les Belles Lettres (Association Guillaume Budé, Collection des universités de France (Paris), n° 403). ISBN 2-251-00487-4.