Saltar ao contido

Xavier Espot Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXavier Espot Zamora

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1979 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Escaldes-Engordany Editar o valor en Wikidata
Presidente Demócratas por Andorra
xuño de 2019 
7º Presidente do Goberno de Andorra
16 de maio de 2019 
 Antoni Martí
Minister of Justice and the Interior (en) Traducir
24 de xullo de 2012 – 1 de marzo de 2019
 Maria Rosa Ferrer Obiols (pt) TraducirJosep Maria Rossell Pons  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEsade
Universidade Ramon Llull
ESADE Business School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemócratas por Andorra Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisXavier Espot Miró Editar o valor en Wikidata  e Melània Zamora Editar o valor en Wikidata
ParentesJúlia Bonet Fité, avoa Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: xavier.espotzamora Twitter: XavierEspot Instagram: xavier_espot_zamora Bluesky: xavierespotzamora.bsky.social WikiTree: Espot Zamora-1 Editar o valor en Wikidata

Xavier Espot Zamora, nado en Escaldes-Engordany o 30 de outubro de 1979, é un político andorrano, actual xefe de goberno do Principado de Andorra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xavier Espot Zamora naceu o 30 de outubro de 1979 en Escaldes-Engordany.

Realizou os seus estudos superiores en Barcelona, graduouse en Dereito pola Facultade da ESADE, na Universidade Ramon Llull. Tamén completou o máster en Dereito na mesma facultade e ao mesmo tempo completou o título de Licenciado en Humanidades tamén na Universidade Ramon Llull.

Entre setembro de 2004 e xuño de 2008 foi secretario xudicial da Batllia de Andorra e, entre xullo e decembro de 2008, foi secretario do Tribunal de Xustiza de Andorra. En 2009 traballou como batlle en prácticas no Tribunal de Grande Instance de Tolosa e no Tribunal de Primeira Instancia de Barcelona. Antes de ingresar ao goberno, exerceu como batlle andorrano na división civil número 2, na sección de menores número 2 e na antiga sección de instrución número 5.

En 2011 ingresou no Goberno de Andorra, presidido por Antoni Martí Petit como Secretario de Estado de Xustiza e Interior, baixo o mandato ministerial de Marc Vila Amigó.[1] En 2012 pasou a ser Ministro de Xustiza e Interior do Principado de Andorra, engadindo máis adiante, en xaneiro de 2016, a carteira de Asuntos Sociais, sucedendo a Rosa Ferrer.

O 16 de maio de 2019 foi proclamado xefe de goberno polo Consello Xeral de Andorra.[2]

Carreira política

[editar | editar a fonte]
  • 2019 - presente : Xefe de Goberno do Principado de Andorra
  • 2012 - 2019 : Ministro de Xustiza e Interior
  • 2011 - 2012 : Secretario de Estado de Xustiza e Asuntos Internos

Distincións honoríficas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]