Xaime, duque de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xaime, duque de Madrid
Nome completoJaime de Borbón y Borbón-Parma
Nacemento27 de xuño de 1870 e 1870
Lugar de nacementoVevey
Falecemento2 de outubro de 1931, 1931 e 1933
Lugar de falecementoParís
Causadoenza
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterBeaumont College
Ocupaciónmilitar
PaiCarlos, duque de Madrid
NaiMargarida de Bourbon-Parma
IrmánsBranca de Espanha, Alicia de Borbón y Borbón-Parma e Elvira María Teresa Enrique de Borbón y Borbón Parma
PremiosOrder of Saint Anna, 4th class, Order of Saint Stanislaus, 2nd class, Order of St. Vladimir, 4th class, Order of Saint Stanislaus, Ordem de São Vladimir, Ordem de Santa Ana, Russo-Japanese War Medal, Medal for China campaign, Ordem de Leopoldo e Ordem da Coroa
editar datos en Wikidata ]

Xaime de Borbón e Borbón-Parma nado en Vevey no 1870 e finado en París no 1931, foi pretendente carlista ao trono de España co nome de Xaime III (1909-1931), tamén coñecido como duque de Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Serviu no exército ruso e loitou contra os bóxers en China (1900) e participou na campaña de Manchuria (1904).

Á morte de Carlos VII asumiu a xefatura do carlismo e durante o seu "reinado" o carlismo coñeceuse como xaimismo. Encargou a Juan Vázquez de Mella a secretaría política do carlismo en España, aínda que mantivo como representante do pretendente a Bartolomé Feliú, que o seu antecesor nomeara uns días antes de morrer. Pero as relacións entre Vázquez de Mella e Xaime foron nunca foron boas.

Durante a Primeira guerra mundial Xaime viviu baixo arresto domiciliario en Austria polo seu apoio a Francia e aos aliados, sen case comunicación coa dirección política carlista en España. Tras a guerra trasladouse a Francia e asumiu persoalmente a dirección do carlismo disolvendo a xunta que o gobernaba e provocou a saída de Vázquez de Mella e os mellistas do carlismo en 1919. Aínda que nun primeiro momento apoiou a ditadura de Primo de Rivera, a partir de 1925 opúxose a ela. Tras a proclamación da república en España mantivo conversas con Afonso XIII para unificar as dúas pólas da dinastía carlista, pero a morte de Xaime o 2 de outubro de 1931 impediuno.

Sucedeuno como pretendente carlista o seu tío Afonso Carlos.