Xabi Aburruzaga
Xabi Aburruzaga | |
---|---|
![]() Xabi Aburruzaga | |
Data nacemento | 1978 Portugalete, Biscaia |
Nado en | Portugalete (Biscaia) |
Ocupación | músico |
Xénero | Folk |
Instrumento(s) | Trikitixa |
Na rede | |
www.aburruzaga.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xabi Aburruzaga, nado en Portugalete (Biscaia) en 1978, é un músico e compositor vasco, mestre da trikitixa.
Biografía[editar | editar a fonte]
Xabi Aburruzaga é un trikitilari biscaíño, que forma parella co pandeireteiro Irkus Ansotegi. Comezou a estudar solfexo con só 7 anos e un ano despois empezou a tocar o acordeón de piano. Despois de gañar varios premios con este intrumento decide pasarse ao acordeón diatónico. O seu primeiro mestre foi Rufino Arrola. Xabi gañou múltiples premios tocando o seu instrumento e publicou varios libros e discos.
Traballos[editar | editar a fonte]
Xabi, des que aprendeu a tocar a trikitixa até agora traballou como mestre e alén diso publicou varios libros e discos. Ademais dos estilos que teñen que ver coa triki é un gran seguidor de diferentes estilos.
Até o ano 1999 non se atreveu a ensinar ao mundo o que el sabe, pero nese ano publicou o seu primeiro disco, recibindo boas críticas. Ao recibir tan boas críticas, ao comezo do seguinte ano recibiu a proposta de realizar a canción da Ikastola Karmelo.
Aos poucos foi facéndose coñecido e decidiu pór en marcha a súa escola de Trikitixa: Trikileku. Ao principio só ían estudantes dos arredores pero hoxe en día hai estudantes de toda Biscaia. O tempo foi transcorrendo e foise facendo máis coñecido e con iso as peticións de participar en diversos proxectos. No ano 2002 tivo que crear a canción de festas de Bermeo. Consecuentemente publicou un novo disco coas colaboracións de Mikel Urdangarin, Joseba Tapia e Iñaki Aurrekoetxea. No ano 2004 participou na canción do Ibilaldia con outros artistas como Eñaut Elorrieta ou Oreka Tx. En 2005 publicou o libro Bizkaiko Trikitixa coa partitura dos trikitilaris biscaíños. Tras publicar o libro e utilizando esas partituras publicou un disco co mesmo título. Vendéronse moitos discos e a consecuencia foi empregando unhas partituras escritas por Faustino Arrola que publicou outro libro e disco, adaptando os novos sons e con música máis moderna. É de destacar a modernidade dada por Xabi xa que as cancións de Faustino son moi antigas. Neste proxecto colaboraron diversos artistas: Amaia Oreja, Mikel Markez, Leturia e Xabi Zeberio.
En 2009 publica un disco con letras propias, Denboraren naufrago, con textos de Kirmen Uribe. Actualmente, está a preparar novos proxectos, compaxina as clases coas súas actuacións e colabora co grupo Oskorri. En 2010 é un dos artistas convidados ao famoso Festival de Ortigueira.
Discografía[editar | editar a fonte]
- Denboraren Naufrago (2009)
- Bizkaiko Trikitixa Diskoa (2007)
- Sakabi (2007)
- Bizkaiko Trikitixa liburua (2005)
- Alkarregaz heldu ibilaldia (2004)
- Egunaro egunaro kalien (2002)
- Maketa (2001)
- Karmelo Ikastolako Kanta (2000)