Saltar ao contido

XL edición dos Premios Goya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
XL edición dos Premios Goya
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Data
28 de febreiro de 2026 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
Implicados
 Concedido por
 Presentador/a
Localización
 Localización
 País
Cifras e dimensións
 Número de edición
   40 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

A 40 edición dos Premios Goya, entregados pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España, recoñeceu o mellor do cine español en 2025 e tivo lugar no Fòrum de Barcelona o 28 de febreiro de 2026. Vai ser retransmitida por La 1 e tamén se poderá ver en streaming a través da web de RTVE. Como presentadores, foros designados Rigoberta Bandini e Luís Tosar.[1]

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]

En maio de 2025, Fernando Méndez-Leite, como presidente da Academia, anunciou que Barcelona sería a cidade anfitrioa da 40ª edición.[2] En xullo de 2025, a Academia presentou as normas para os premios de 2026 nas que se introduciu unha característica clave, como foi a modificación dos criterios de elixibilidade para o Premio Goya á Mellor Dirección Novel, cambiando a natureza da primeira longametraxe que en vez de ser unha primeira obra estreada e avaliada polo ICAA a unha primeira longametraxe estreada nos cines. Esta modificación permitiu que directoras como Eva Libertad (Sorda) que tiña traballos previos que non foran distribuídos nos cines (Nikolina) puidesen optar ao premio.[3] Ademais, se estableceu que só un dos galardoados, previamente designado, podía pronunciar o discurso de agradecemento durante a gala de cada premio.[3]

En setembro de 2025, anunicouse a data final do 28 de febreiro de 2026 como data de celebración da gala.[4] A data escollida (algo atrasada con respecto ás datas habituais de principios de febreiro) marcaba unha certa distancia coa celebración dos XVIII Premios Gaudí de Cine Catalán, o 8 de febreiro de 2026, que tamén están previstos en Barcelona, ​​pero a cerimonia celebrarase preto do XXIX Festival de Cine de Málaga, que comezaba o 6 de marzo de 2026.[5]

O 21 de outubro de 2025, a Academia de Cine Español presentou as 15 candidaturas (antes do 17 de 2025) ao Premio Goya á mellor película iberoamericana: Bajo las banderas, el sol (Paraguai), Banzo (Portugal), Belén (Arxentina), Cuadrilátero (Perú), El extraordinario viaje del dragón (Venezuela), La misteriosa mirada del flamenco (Chile), La piel del agua (Costa Rica), La Virginia de los Bolivianos (Bolivia), Los ahogados (Ecuador), Manás (Brasil), No nos moverán (México), Un poeta (Colombia), Perros (Uruguai), Amado Trópico (Panamá) e Isla del Azúcar (República Dominicana).

O 28 de outubro de 2025, Méndez-Leite anunciou a Luis Tosar e Rigoberta Bandini como anfitrións da gala.[1]

O 2 de decembro de 2025 a Academia Española de Cinema presentou as 18 candidaturas ao Premio Goya á mellor película europea: Hollywoodgate e Septiembre 5 (Alemaña), Arco e Un simple accidente (Francia); Ástin Sem Eftir Er e Fjallið (Islandia); Il ragazzo dai pantaloni rosa e Napoli-New York (Italia); Poison e Slocum et moi (Luxemburgo), O riso e a faca e On Falling (Portugal), Jeunes mères (Bélxica), Rijeka or death (Croacia), Pigen med nålen (Dinamarca), Affeksjonsverdi (Noruega), Conclave (Reino Unido) e Heldin (Suíza).[6]

O 7 de xaneiro se anunciou que Toni Acosta e Arturo Valls serán os presentadores do acto[7] no que se, posteriormente, se anunicaron as candidaturas; o que se fixo dende a sede da academia o 13 de xaneiro de 2026[8] e se retrasnmitiu por YouTube.

Goya de honra

[editar | editar a fonte]

O 29 de xullo de 2025, anunciouse que o gañador do Premio Goya de Honra, ía ser o director, guionista, produtor, escritor, xornalista deportivo e actor Gonzalo Suárez. O consello de administración da academia recoñeceu "unha traxectoria a partir da cal desenvolveu unha filmografía sorprendente, na que experimentou con todos os xéneros e desde todas as actitudes, e que contribuíu a convertelo nun home clave da cultura española dos últimos sesenta anos".[9][10][11]

Goya internacional

[editar | editar a fonte]

O 28 de xaneiro de 2026, a academia decidiu que a actriz estadounidense Susan Sarandon sería a galardoaana co Premio Goya Internacional. A academia destacou "unha filmografía extraordinaria, con interpretacións inesquecibles en obras mestras e películas que forman parte da cultura popular; e o seu valente compromiso político e social".[12][13][14]

A Gala foi presentada por Luís Tosar e Rigoberta Bandini.[1][15] Foi retransmitida por TVE1 e tivo unha audiencia do 26%, a mellor dende 2020, o que serían 2.396.000 espectadores de media.[16] A audiencia en RTVE Play, sumou 305.264 usuarios.[16]

Nomeamentos e premios das longametraxes presentadas

[editar | editar a fonte]
Película Nomeamentos Premios
Los domingos 13 5
Sirāt 11 6
Maspalomas 9 1
Sorda 8 3
La cena 2
El cautivo 7 1
Los tigres 1
Romería 6 0
Ciudad sin sueño 5 1
Un fantasma en la batalla 4 0
Una quinta portuguesa 3
Gaua
Tardes de soledad 2 1
Flores para Antonio
Enemigos 0
Los Tortuga
La furia
Estrany riu
Muy lejos
Alauda Ruiz de Azúa.
Alauda Ruiz de Azúa.
Patricia López Arnáiz.
Nagore Aranburu.
Eva Libertad.
Miriam Garlo.
Mellor película Mellor dirección
Mellor interpretación masculina protagonista Mellor interpretación feminina protagonista
Mellor interpretación masculina secundaria Mellor interpretación feminina secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor dirección novel Melor dirección artística
Mellor actor revelación Mellor actriz revelación
Mellor película documental Mellor película de animación
  • Tardes de soledad[17][18]
    • 2025. Todos somos Gaza
    • Eloy de la Iglesia. Adicto al cine
    • Flores para Antonio
    • The Sleeper. El Caravaggio perdido
Mellor dirección de produción Mellor montaxe
Mellor fotografía Mellor son
Mellor música orixinal Mellor canción orixinal
  • "Flores para Antonio", de Alba Flores e Silvia Pérez Cruz, por Flores para Antonio[18]
    • "La Arepera", de Paloma Peñarrubia Ruiz, por Caigan las rosas blancas
    • "Hasta que me quede sin voz", de Leiva, por Hasta que me quede sin voz
    • "Y mientras tanto, canto", de Víctor Manuel, por La cena
    • "Caminar el tiempo", de Blanca Paloma Ramos, Jose Pablo Polo e Luis Ivars, por Parecido a un asesinato
Mellor deseño de vestiario Mellor maquillaxe e peiteado
Mellores efectos especiais Mellor curtametraxe de ficción
  • Ángulo muerto[18]
    • De sucre
    • El cuento de una noche de verano
    • Sexo a los 70
    • Una cabeza en la pared
Mellor curtametraxe documental Mellor curtametraxe de animación
  • El santo[18]
    • Disonancia
    • La conversación que nunca tuvimos
    • The Painter's Room
    • Zona Wao
  • Gilbert
    • Buffet paraiso
    • Carmela
    • El corto de Rubén
    • El estado del Alma
Mellor película iberoamericana Mellor película europea
Premio Goya de Honra Premio Goya Internacional
Gonzalo Suárez[18][19]
Susan Sarandon[13]


In Memoriam

[editar | editar a fonte]


  1. 1 2 3 A., H. (26 de febreiro de 2026). "Quién presenta los Goya 2026: así son Rigoberta Bandini y Luis Tosar". elmundo.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2026.
  2. Redacción (27 de maio de 2025). "Los Premios Goya regresan a Barcelona 26 años después en su 40ª edición". audiovisual451.com (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2026.
  3. 1 2 Mantilla, Daniel (18 de xullo de 2025 [actualizado o 19 de xullo de 2025]). "La Academia de Cine cambia sus bases y clarifica la carrera del Goya a la Mejor Dirección novel". kinotico.es (en castelán). Consultado o 2 de arzo de 2026.
  4. Delorenzo, Lorraine (5 de setembro de 2025). "La gala de los Goya se celebrará el 28 de febrero en Barcelona". elpais.com (en castelán). Consultado o 298 de febreiro de 2026.
  5. Griñán, Paco (5 de setembro de 2025). "Los premios Goya le pisan los talones al Festival de Málaga". diariosur.es (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2026.
  6. "18 títulos optan al Goya a Mejor Película Europea 2026". premiosgoya.com (en castelán). 2 de decembro de 2025. Consultado o 2 de marzo de 2026.
  7. "Toni Acosta y Arturo Valls anunciarán el 13 de enero las nominaciones a los Premios Goya 2026". premiosgoya.com (en castelán). 7 de xaneiro de 2026. Consultado o 2 de marzo de 2026.
  8. "Nominados y nominadas a los 40 Premios Goya". premiosgoya.com (en castelán). 13de xaneiro de 2026. Consultado o 2 de marzo de 2026.
  9. "Gonzalo Suárez, Goya de Honor 2026". premiosgoya.com (en castelán). 29 de xullo de 2025. Consultado o 1 de marzo de 2026.
  10. Redacción (29 de xullo de 2025). "Gonzalo Suárez, Goya de Honor 2026". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2026.
  11. Redaccción / Axencias (29 de xullo de 2025). "Gonzalo Suárez, elegido Goya de honor 2026". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2026.
  12. "Susan Sarandon, Goya Internacional 2026". premiosgoya.com (en castelán). 28 de xaneiro de 2026. Consultado o 1 de marzo de 2026.
  13. 1 2 Redacción (28 de xaneiro de 2026). "La actriz estadounidense Susan Sarandon recibirá el Goya Internacional 2026". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2026.
  14. Belategui, Oskar (28 de xaneiro de 2026). "Susan Sarandon es la quinta ganadora del Goya Internacional". elcorreo.com (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2026.
  15. Redacción (13 de xaneiro de 2026). "Todos los nominados a los Premios Goya 2026: 'Los domingos' y 'Sirat', grandes favoritas". fotogramas.es (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2026.
  16. 1 2 "La gala de los Premios Goya 2026, récord de audiencia en España con su mejor dato en seis años". premiosgoya.com (en castelán). 1 de marzo de 2026. Consultado o 2 de marzo de 2026.
  17. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Ramón, Esteban (1 de marzo de 2026). "Goyas 2026: éxtasis de 'Los domingos' y Alauda Ruiz de Azúa por delante de 'Sirat'". rtve.es (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2026.
  18. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 "Palmarés 40 Premios Goya". premiosgoya.com (en castelán). 1 de marzo de 2026. Consultado o 2 de marzo de 2026.
  19. Masa de Vega, Adrián (29 de xullo de 2025). "El director Gonzalo Suárez recibirá el Goya de Honor 2026". rtve.es (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]