Saltar ao contido

XIX Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
XIX Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes
Imaxe
Cerimonia de inauguración
 Instancia de
Datas
 Data
2017 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
201719th World Festival of Youth and Students opening ceremony (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Parte da serie
 Número de edición
19 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
Wikidata C:Commons

O XIX Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes (FMME) levouse a cabo o 14 de outubro de 2017 en Sochi, Rusia.[1]

O festival atraeu a 20.000 persoas de 180 países. A cerimonia de apertura do festival tivo lugar no Palacio de Xeo Bolshói, na cidade de Sochi, Krai de Krasnodar. A lema oficial do festival foi:

"Pola paz, a solidariedade e a xustiza social, estamos loitando contra o imperialismo - respectando o noso pasado, estamos construíndo o noso futuro!".[2]

Este foi o terceiro Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes celebrado en territorio ruso, pois os festivais sexto e duodécimo celebráronse en Moscova en 1957 e 1985, nos anos da Unión Soviética. O presidente ruso Vladímir Putin asistiu ao foro educativo da mocidade de toda Rusia, criticando a cobertura do festival e dicindo que:

"Hai que evitar politizar o festival e dedicarllo aos mozos".[3][4]
Vladímir Putin

Seguridade

[editar | editar a fonte]

O Servizo Federal de Seguridade (FSB) non permitiu a entrada ao evento a ninguén con infraccións administrativas por participar en protestas non autorizadas polo goberno ruso.[5]

  1. "Организаторы Всемирного фестиваля молодежи представили его гимн" (en ruso). ITAR-TASS. Consultado o 18 de febreiro de 2018.
  2. "Ксения Разуваева: на Фестивале молодежи мы покажем, что общего у нас больше, чем различий" (en ruso). ITAR-TASS. Consultado o 18 de febreiro de 2018.
  3. "Надо уйти от политизации при проведении фестиваля молодежи, заявил Путин" (en ruso). RIA Novosti. Consultado o 2018-02-18.
  4. Vyacheslavovich Bodrov, Oleg; Vasilovich Zakirov, Almaz; Mikhailovich Kolomyts, Dmitriy (2020). "Lessons of the XIX World Festival of Youth and Students in Sochi". Hamdard Islamicus (en inglés) (Paquistán: Hamdard National Foundation) 43 (1): 1390. ISSN 0250-7196.
  5. Маетная, Елизавета (12 de outubro de 2017). "«Ситуация идет вразнос»" (en ruso). Radio Free Europe/Radio Liberty.